Laplace pode referirse a:

Pierre Simon Laplace, astrónomo, físico e matemático francés. Demo de Laplace, na historia da ciencia, é a primeira articulación publicada de determinismo causal ou científico por Pierre-Simon Laplace en 1814. Distribución de Laplace ou distribución doble exponencial, en estatística e en teoría da probabilidade, é unha densidade de probabilidade continua. Ecuación de Laplace, en cálculo vectorial, é unha ecuación en derivadas parciais de segunda orde de tipo elíptico. Número de Laplace (La) ou Número de Suratman (Su), en mecánica de fluídos, é un número adimensional. Operador de Laplace, en cálculo vectorial, é un operador diferencial elíptico de segunda orde, denotado como Δ. Regra de Laplace ou regra de sucesión, en teoría da probabilidade, é unha fórmula desenvolvida por Pierre-Simon Laplace ó analizar o problema do amencer. Resonancia de Laplace, en mecánica celeste, é un caso particular de resonancia orbital. Transformada de Laplace, en Matemática, é un tipo de transformada integral frecuentemente usada para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias.

Jean Laplace, debuxante francés.