O 15 de abril de 2019, pouco antes das 18:50 CEST, un lume comezou no teito da catedral de Notre-Dame en París, Francia, causando danos significativos na construción. O chapitel e o tellado da catedral colapsaron, e producíronse danos considerables no interior, muros superiores e fiestras, así como numerosas obras de arte. Porén, a bóveda de pedra do teito impediu que o lume se espallase polo interior dos baixos da catedral. O presidente francés Emmanuel Macron anunciou a creación dunha campaña nacional de recollida de fondos para restaurar Notre-Dame.

Contexto A construción da catedral de Notre-Dame de París comezou no século XII, usando cachotaría de pedra para os muros e a bóveda, e madeira para o tellado principal e o icónico chapitel. O chapitel foi unha recreación do século XIX, en carballo recuberto con chumbo, xa que o chapitel orixinal fora eliminado en 1786.

miniatura|esquerda|A catedral estaba baixo traballos de restauración no momento do lume, como se pode ver polos estadais que rodeaban o chapitel. Nos anos anteriores ó incendio, a catedral comezara a amosar unha deterioración significativa, xa que algúns dos elementos de pedra caeran. Philippe Villeneuve, arquitecto en xefe de Monumetos Históricos en Francia, declarou en xullo de 2017 que a "polución era o principal culpable". En 2014, o Ministerio de Cultura estimou o custo dos traballos de renovación en 150 millóns de euros.

En 2016, a arquidiocese de París fixo un chamamento para recadar 100 millóns de euros ó longo dos seguinte cinco a dez anos para asumir os custos de mantemento e restauración. No momento do lume, estábanse a realizar renovacións no chapitel, cun custo estimado de 6 millóns de euros. Para iso, erixíronse estadais de ferro no tellado e arredor do chapitel. As estatuas de pedra, cobre e bronce, incluíndo estatuas dos doce apóstolos que rodeaban a base do chapitel, foran retirados do sitio días antes do incendio como parte das renovacións.

Lume miniatura|dereita|O colapso do chapitel, arredor das 19:45 CEST. Crese que o lume comezou no ático da catedral, arredor das 18:50 CEST, preto do remate do día, cando a catedral estaba aberta a turistas. Estaba programada unha misa sobre esa hora, entre as 18:15 e as 19:00. Segundo testemuñas na escena, as portas da catedral pecháronse abruptamente cando tentaron entrar, e un fume branco comezou a estenderse dende o teito. O fume converteuse en negro, indicando que estaba a ocorrer un lume máis grande. A policía e outras forzas de seguridade evacuaron axiña Île de la Cité, e a cidade pechou o acceso á illa. A xente reuniuse arredor das beiras do Sena e nos edificios achegados para ver.

Traballos de extinción miniatura|Chapitel ardendo durante o incendio. Un voceiro da brigada de bombeiros de París anunciou que arredor de catrocentos bombeiros estiveron involucrados na extinción. A posibilidade de extinción aérea foi rexeitada, xa que o peso da auga e a intensidade da caída a baixa altura poderían debilitar a estrutura da catedral. O persoal de emerxencia tratou de salvar a arte e os artefactos relixiosos gardados na catedral. Segundo un voceiro da catedral, algunhas das obras de arte xa se retiraran antes das renovacións e a maioría das reliquias sagradas estaban gardadas na sancristía. Descoñécese se as reliquias que non foron trasladadas sobreviviron ó incendio. A policía de París declarou que non houbo ningunha vítima mortal, mais un dos bombeiros e dous axentes de policía saíron feridos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial da Notre-Dame de París Lume de Notre-Dame: Imaxe do incendio (BBC)

Categoría:2019 Categoría:Incendios Categoría:Arquitectura relixiosa en París