miniatura|Anverso dunha moeda sasánida con gráfila de puntos A grafila dunha moeda é a parte elevada que rodea completamente o seu contorno por ambas as caras, o anverso e o reverso. Cómpre non confundila co canto da moeda, coñecido tamén como "terceira cara"."Grafila". En Digalego. Dicionario de galego."Grafila". En As partes dunha moeda. Portal das Palabras."Gráfila". En Alfaro Asins, C. (2009)."What is the Difference Between the Edge and the Rim of a Coin? ". The Spruce Crafts. A grafila aparece adoito adornada con puntiños, liñas e outras figuras."Gráfila de puntos". En Alfaro Asins, C. (2009)."Gráfila lineal". En Alfaro Asins, C. (2009)."Gráfila perlada". En Alfaro Asins, C. (2009). miniatura|Disco sen cuñar, rodeado só por unha grafila continua ou listel Cando carece destes adornos e se limita a unha liña continua polo bordo exterior do disco denomínase adoito listel."Listel". En Alfaro Asins (2009)."Listel" no DRAG, no Portal das Palabras e en Digalego.
Coa presenza da grafila redúcese o desgaste tanto dos motivos gravados como do propio campo ou parte lisa da moeda. Ademais da protección contra o desgaste, a grafila tamén ten como misión evitar a práctica fraudulenta do retallamento, mediante o cal, sobre todo antigamente nas moedas de prata e ouro, se lles extraían pequenas porcións de metal limando ou recortando os cantos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7
Categoría:Terminoloxía numismática