Rana chensinensis é unha especie de ra da familia Ranidae, que vive na China e Mongolia.
Hábitat O seu hábitat natural son os bosques temperados, ríos intermitentes, pantanos, lagos de auga doce, pantanos de auga doce intermitentes, terras cultivables, pasteiros e terra regada. Está ameazada pola perda de hábitat.
Taxonomía A descrición científica da especie fíxoa Armand David, un misioneiro naturalista, que a atopou en 1872, a máis de 1000 m de altitude, en Gujiapo (谷家坡), durante unha expedición aos montes Quinling (秦岭) en Shaanxi.Publicación orixinal: David, 1875 : Journal de mon Troisième Voyage d'Exploration dans l'Empire Chinoise, vol.1, París, Hachette, páxinas 1-383 (texto íntegro).
Usos Esta ra é notable na agricultura chinesa porque é un forte predador de organismos que causan pragas. Un estudo realizado en condado de Qingyuan durante os anos 1982 e 1983 atopou que criar estas ras para o control de pragas diminúe o uso de pesticidas e a contaminación do ambiente.
Na China, os tecidos graxos que se encontran preto das tompas de Falopio da ra utilízanse como un ingrediente da medicina tradicional.
Notas
Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1872 Categoría:Anfibios da China Categoría:Anfibios de Mongolia
