Charles "Pete" Conrad Jr., nado en Filadelfia, Pensilvania, o 2 de xuño de 1930 e finado o 8 de xullo de 1999 a consecuencia das feridas nun accidente de ciclomotor, foi un astronauta norteamericano.
Traxectoria Conrad estudou na escola Haverford, en Haverford, Pensilvania, e na escola Darrow en Nova Lebanon (Nova York). Graduouse en enxeñería aeronáutica pola Universidade de Princeton en 1953 e era máster por Princeton en 1966. Recibiu un doutoramento honorario en dereito pola Universidade Lincoln-Weslyan en 1970 e outro en ciencias polo Kings College de Wilkes-Barre, en Pensilvania, en 1971.
Despois da súa graduación en 1953, Conrad entrou na armada e converteuse en aviador naval. Máis tarde fíxose piloto de probas en Patuxent River, Maryland, traballando tamén como instrutor de voo e enxeñeiro na escola de pilotos de proba. Foi seleccionado como astronauta da NASA en setembro de 1962. Voou por primeira vez na misión Gemini 5, establecendo un récord de duración de permanencia no espazo. Comandou a misión Gemini 11, establecendo un récord de altitude, e foi comandante da misión Apollo 12, a segunda aluaxe da historia. A última misión na que participou foi, tamén como comandante, a Skylab 2. Conrad retirouse da NASA en decembro de 1973.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Gemini 5 Gemini 11 Apollo 12
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 1999