O bamum (ou Shü Pamom "lingua dos Bamum", ou Shümom "lingua Mum"), é unha lingua benue-congo falada no Camerún e Nixeria por arredor de 420 000 falantes do pobo bamum. A lingua é coñecida pola súa propia escrita, o silabario bamum, que foi desenvolvido polo rei Njoya arredor do ano 1895. O músico camerunés Claude Ndam é un falante nativo desta lingua e utilízaa na súa música.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Silabario bamum

Categoría:Linguas níxer-congo Categoría:Linguas de Nixeria Categoría:Linguas do Camerún