O escudo da República Centroafricana consiste nun escudo, ladeado por dúas bandeiras nacionais e cun sol subindo ó longo do escudo.
Na parte superior hai un listel co lema "Zo Kwe Zo" (en Sango). Na parte inferior hai outro co lema "Unité, Dignité, Travail", (en francés, Unidade, Dignidade, Traballo), alén dunha medalla.
Simbolismo O elefante e a árbore representan a natureza, que é a espiña dorsal do país. A estrela amarela nun mapa de África simboliza a localización do país. A man (no canto inferior dereito) foi o símbolo do partido dominante en 1963, cando o escudo foi aprobado.
Véxase tamén
Ligazóns externas National Arms and Emblems Past and Present – Central African Republic
Categoría:Símbolos da República Centroafricana Centroafricana, República