A ou Liga do Pacífico, tamén coñecida como , é unha das dúas ligas profesionais que constitúen a Nippon Professional Baseball, a máis importante competición de béisbol do Xapón. O gañador desta liga xoga anualmente contra campión da Central League nas Nippon Series para decidir o campión nacional. Actualmente está formada por seis equipos de todo o país, sendo o máis laureado os Seibu Lions. Ao contrario que na Central League, e do mesmo xeito que a Liga Americana da MLB, esta liga permite o uso de bateador designado.

Historia A Liga do Pacífico foi fundada como Taiheiyo Baseball Union en 1949, nome que mantivo até 1980 cando adoptou a actual nomenclatura. O primeiro presidente desta liga foi Masaichi Nagata, propietario dos Daiei Stars. A competición comezou a súa andaina con sete equipos, catro procedentes da anterior Liga Xaponesa de Bésibol (Hankyu Braves, Nankai Hawks, Daiei Stars e Tokyu Flyers) e tres nos novos equipos (Kintetsu Pearls, Mainichi Orions e Nishitetsu Clippers). En 1954 entrou na liga un novo equipo, os Takahashi Unions, incrementando así o número até oito. A pesar de ser un equipo formado con xogadores cos que non contaban o resto de equipos da Liga, os Unions conseguiron unha series de segundos postos consecutivos até a fusión en 1957 cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions, reducindo así de novo o número até sete equipos. Con todo, os novos Unions acabaron en último lugar na súa primeira temporada. Na seguinte temporada, fusionanse de novo, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orion. A liga ficaba así reducida a seis equipos, número que se mantén na actualidade.

Entre 1973 e 1982, a Liga do Pacífico tivo un formato de competición dividido en dúas partes, de forma que o campión da primeira parte se enfrontaba ao campión da segunda para determinar o posuidor do título de Liga. En 1975 a Liga comezou a utilizar a regra do bateador designado, seguindo así a estela da Liga Americana da Major League Baseball (MLB). Cando no ano 2005 se comezaron a xogar partidos entre equipos da Liga do Pacífico e da Liga Central, a regra do bateador designado é utlizada en función da liga na que compita o equipo local. Na temporada 2004 os Orix BlueWave e os Osaka Kintetsu Buffaloes fusionáronse para formar os Orix Buffaloes. Para manter os tradicionais seis equipos, entraron na liga os Tohoku Rakuten Golden Eagles. A partir desa mesma temporada foi introducido un sistema de eliminatorias (as Series de Campionato da Liga do Pacífico) para determinar o campión e participante nas Series do Xapón.

Equipos Equipo Nome xaponés Localización Estadio Patrocinador 40px|center Chiba Lotte Marines 千葉ロッテマリーンズChiba Rotte Marīnzu Chibaborder|20px|Chiba Chiba ZOZO Marine Stadium30.348 espectadores Lotte 40px|center Fukuoka SoftBank Hawks 福岡ソフトバンクホークスFukuoka Sofutobanku Hōkusu Fukuokaborder|20px|Fukuoka Fukuoka Fukuoka Yahuoku! Dome40.178 espectadores SoftBank 40px|center Hokkaido Nippon-Ham Fighters 北海道日本ハムファイターズHokkaidō Nippon-Hamu Faitāzu Sapporoborder|20px|Hokkaidō Hokkaido Sapporo Dome40.476 espectadores Nippon Ham 40px|center Orix Buffaloes オリックス・バファローズOrikkusu Bafarōzu Osacaborder|20px|Osaca Osaca Kyocera Dome Osaka36.477 espectadores Orix 40px|center Saitama Seibu Lions 埼玉西武ライオンズSaitama Seibu Raionzu Tokorozawaborder|20px|Saitama Saitama MetLife Dome33.556 espectadores Seibu 40px|center Tohoku Rakuten Golden Eagles 東北楽天ゴールデンイーグルスTōhoku Rakuten Gōruden Īgurusu Sendaiborder|20px|Toquio Miyagi Estadio de Miyagi30.508 espectadores Rakuten

Estatísticas EquipoCampiónSubcampiónTerceiroSaitama Seibu Lions221214Fukuoka SoftBank Hawks19167Orix Buffaloes13158Hokkaido Nippon-Ham Fighters7815Chiba Lotte Marines5814Osaka Kintetsu Buffaloes498Tohoku Rakuten Golden Eagles112Daiei Unions002Takahashi Unions000

Notas

Véxase tamén Outros artigos Central League Nippon Professional Baseball

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Nippon Professional Baseball