miniatura|Causa limeña A causa limeña, causa á limeña ou simplemente causa, é un prato típico da gastronomía do Perú, de orixes precolombinas.Fetzer (2004), p. 37 Trátase dun entrante de puré de patacas mesturado con condimentos, millo e carne branca (pito ou peixe, quizais marisco ). Sérvese frío e cun lixeiro baño de maionesa.

Historia Este prato existe desde o Vicerreinado e o seu nome vén do quechua Kausay que significa "mantemento necesario" e "alimento", ou "o que alimenta",Tam Fox (2010), p. 91 como se chamaba tamén á papa. Os incas preparábano amasando pataca amarela e ají, unha especie de chile picante autóctono.

Hai outras hipóteses da orixe colonial sobre o nome que, aínda que este prato netamente de Lima xa existía desde o Vicerreinado, non tiña unha denominación específica senón que se orixinou coa chegada do liberador José de San Martín, de tal xeito que, para sufragar os gastos da campaña militar, comezou a ser vendido nas esquinas das rúas de Lima para apoiar "a causa" da independencia; é neste contexto no que o prato gañou o nome de "causa". Así se volveu facer durante a Guerra do Pacífico, que enfrontou nun conflito bélico ao Perú e Bolivia contra Chile e, de novo, coa venda das racións deste prato se intentou recada-los cartos para o exército.

Descrición Este prato elabórase tradicionalmente sobre a base de papa amarela, limón, chile, ovo cocido e olivas negras,Carrillo, Enrique (1905). Cartas de un turista. Lima: Imprenta La Industria. «justo es decir, sin embargo, que algunos de ellos tienen grato sabor y atractivo aspecto; y que una causa amarilla y jugosa rodeada de negras aceitunas y menudas tajadas de huevo duro y coronada por un hermoso ají rojo, es un manjar exquisito y que grita: comedme». ingredientes aos que, posteriormente, se lles engadiu a palta para o recheo e a leituga para a decoración. Esta preparación admite diversas variantes, como causa rechea de atún, de troita,Hinostroza (2006), p. 148 de pito, de mariscos ou outras variedades de carnes brancas. Sérvese cun lixeiro baño de maionesa. Ademais de papa amarela, a masa da causa pode ser elaborada con pallares verdes ou iuca amarela.Acurio (2008), p. 84Mentres que en Lima se denomina «causa» a este prato, en Trujillo emprégase para nomear a calquera prato picante,​ aínda que tamén se elabore a causa limeña nesta cidade e compita en calidade. Segundo o tradicionalista Ricardo Palma:

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Gastronomía do Perú