, nada na prefectura de Nagano, é unha directora de cinema xaponesa-estadounidense

Traxectoria Graduouse na Tisch School of the Arts cun máster en produción de cinema. Ó tempo que se graduaba, o seu proxecto de segundo ano Mo Ikkai, gañou o Grand Prix no Festival de Curtametraxes do Festival de Cinema de Asia en 2012.

A súa curtametraxe de tese doutoral, Oh Lucy!, recibiu o Premio Tisch's First Prize Wasserman no Festival First Run de 2014, e tamén recibiu máis de 25 galardóns en todo o mundo, incluíndo premios no Festival Internacional de Cinema de Cannes (2014), no Festival de Cinema de Sundance (2015), e no Festival Internacional de Cinema de Toronto (2014).

A versión en longametraxe Oh Lucy! foi gañadora do Premio Sundance/NHK de 2016. Foi nomeada unha das ″20 mulleres directores que tes que coñecer″ por IndieWire., e foi nomeada nos Premios Film Independent Spirit ó mellor debut.

Hirayanagi foi convidada ó unirse á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas en 2018.

Notas

Categoría:Nados na prefectura de Nagano Categoría:Directores de cinema do Xapón