O comoriano (Shikomori ou Shimasiwa, a "lingua de illas") é o nome dado a un grupo de catro linguas bantús faladas nas Comores, un arquipélago do suroeste do océano Índico entre Mozambique e Madagascar. É considerada unha das linguas oficiais da Unión das Comores na Constitución comoriana. O shimaore, unha das linguas, é falado na illa en disputa de Mayotte, un departamento francés reclamado polas Comores. Ó igual có suahili, o comoriano é membro das linguas sabaki, que forman parte da familia de linguas bantús. Cada illa ten a súa variedade e as catro son divididas convencionalmente en dous grupos: o grupo oriental composto polo shindzuani (falado en Ndzuani) e o shimaore (en Mayotte), mentres que o grupo occidental componse do shimwali (Mwali) e do shingazija (Ngazidja). Aínda que as linguas dos diferentes grupos non son intelixibles entre elas, xa que só comparten o 80% do léxico, si o dentro de cada grupos.Breslar, 1981; Ahmed-Chamanga, 2010

Historicamente, a lingua foi escrita en alfabeto árabe. A administración colonial francesa introduciu o alfabeto latino, do cal foi aprobada unha versión oficialmente en 2009.Ahmed-Chamanga, 2010 O alfabeto árabe aínda é usado amplamente.

É a lingua na que está escrita o himno nacional do país, Udzima wa ya Masiwa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

2 vols.

Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas das Comores