María Bores Vázquez, nada en Madrid o 17 de novembro de 1997, é unha futbolista profesional que na actualidade xoga no Sevilla Fútbol Club de Primeira División Feminina de España (Liga Iberdrola) tanto de lateral dereita como esquerda.

Traxectoria

María Bores iniciou os seus pasos como futbolista no equipo do colexio con 6 anos de idade. Con 9 anos federouse co equipo Canillas Fútbol Club e despois proseguiu a súa carreira no Club Valdetorres.

Debido a que as normas estipuladas neste deporte permiten que as nenas xoguen ata unha determinada idade, o Madrid Club de Fútbol Feminino fichouna para o seu equipo.

O seu debut chegou co primeiro equipo do Atlético de Madrid, onde se estreou contra a Real Sociedade. Co Atlético de Madrid tamén xogou a Copa da Reina, a cal gañaron por primeira vez na historia.

Primeira División Ó ano seguinte do debut co Atlético de Madrid e xa sendo xogadora profesional neste equipo conseguiron algo histórico para o club como é a conquista da Liga Iberdrola, algo que sucedeu por primeira vez na historia do club.

Na temporada 2017-2018 ficha no Sevilla Fútbol Club, un equipo que ascendeu nos últimos anos a Primeira División Feminina. María Bores consolidouse neste equipo xa que é o seu segundo ano; na actualidade xoga co número 14 no lateral dereito ou esquerda.

Selección Madrileña Foi convocada pola selección madrileña sub-16 e sub-18 para disputar os campionatos de España onde conseguiu ser campioa de España dúas veces.

Selección Española Cando xogaba no Atlético de Madrid foi convocada pola Selección Española para disputar o Europeo sub-19 onde quedaron subcampioas e tamén o mundial sub-20 onde quedaron eliminadas en cuartos ante Corea do Norte.

Táboa TEMPADAEQUIPOCATEGORÍALOGROSIDADE2013-2014Madrid CFF2º División Feminina15 anos2014-2015Madrid CFF2ª División Feminina16 anos2015-2016Atlético de Madrid B2ª División Feminina17 anos2016-2017Atlético de Madrid1ª División FemininaCopa da Reina e Liga18 anos2017-2018Sevilla Fútbol Club1ª División Feminina19 anos2018-2019Sevilla Fútbol Club1ª División Feminina20 anos

Véxase tamén Ligazóns externas https://www.atleticodemadrid.com/noticias/maria-bores-es-un-sueno-hecho-realidad https://www.aupaathletic.com/maria-bores-vazquez/futbolista/7398 https://www.atleticodemadrid.com/noticias/maria-bores-jugara-cedida-en-el-sevilla-fc-la-proxima-campana http://www.estoesatleti.es/2017/07/maria-bores-cedida-sevilla/ https://www.laliga.es/jugador/maria-bores https://www.siguetuliga.com/jugador/maria-bores-vazquez http://www.lacolinadenervion.com/maria-bores-sangre-joven-lateral-derecho/

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1997 Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Xogadoras do Rayo Vallecano Feminino