Renata Flores Rivera, nada en Huamanga o 20 de marzo de 2001, é unha cantante peruana de quechua-pop e trap, filla do vocalista do grupo ayacuchano "Paty y los caletas". Gañou popularidade en Latinoamérica por un viral da súa versión soul e afroperuana de The Way You Make Me Feel de Michael Jackson, cantado en quechua, e que tivo como obxectivo principal a revitalización da lingua andina. Traduciu a canción con axuda da súa avoa, Ada.

Traxectoria En 2014 participou na versión peruana do espectáculo de talento La Voz Kids.

En marzo de 2018, no mes do Día Internacional da Muller; lanza o seu primeiro sinxelo orixinal en quechua titulado "Qawachkanchik chay Killallata" ("Ollando a mesma lúa") gravado no Complexo Arqueolóxico Wari, na cidade de Ayacucho.

Posteriormente, decantouse pola música trap, pero sempre compoñendo en quechua. A súa canción Tijeras, unha composición con lírica feminista, é unha mostra deste novo estilo no que Flores incursionou.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Cantantes do Perú Categoría:Cantantes en lingua quechua Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Indixenistas de América