Margarida Rodríguez Marcuño, nada en Vilagarcía de Arousa o 13 de novembro de 1954, é unha correctora lingüística e literaria, profesora de educación secundaria e tradutora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Románica, subsección de Francés pola USC. Foi Auxiliar de Lengua española no Lycée Évariste Galois en  Sartrouville (París). Fixo unha estadía na Universidade de París X-Nanterre (curso Lettres Modernes). Realizou o curso superior de Literatura francesa en París e Vigo (na Alianza Francesa) obtendo o Diplôme d´Etudes en Langue Française (D.A.L.F-C1).

Como docente interina, traballou en IES Pino Manso (O Porriño), IES Val Miñor (Nigrán) e IES nº 1(Ribeira) e como agregada de Lingua e Literatura Galegas impartiu aulas no IES Politécnico (Vigo), CIFP A Granxa (Ponteareas) e CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo).

Foi profesora-colaboradora en cursos de galego para docentes e relatora nos encontros de formación dos Equipos de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Participou no equipo asesor e como coordinadora nas campañas de Normalización Lingüística “En galego vivo Vigo, en galego Vigo vai” e “Entre nós, en galego”.

Asistiu ao programa europeo Socrates-Comenius “ A integración do alumnado con N.E.E no currículo” e asistiu a diferentes encontros galego-portugueses de Educadores/as pola Paz

Ademais toma parte en diversas campañas de sensibilización contra a violencia de xénero promovidas pola Concellerías de Igualdade (Lalín e Vigo) e Coordinou as revistas: A voz do meco (Bembrive) e a A Miñoka (CEIF Paz Andrade de Vigo).

Para o estudo e tradución da obra de Agota Kristof, realizou unha estadía en Berna na BNS (Biblioteca Nacional Suíza), en Les Archives littéraires suisses (ALS).

Como ecritora recibiu diferentes premios polos seus relatos.

Obra Tradución O gran caderno de Agota Kristof (2000). Edicións Xerais, ISBN 978-84-8302-496-6 O segundo sexo: Tomo I. Os feitos e os mitos de Simone de Beauvoir (2008). Edicións Xerais, ISBN 978-84-9782-701-0 O segundo sexo: Tomo II. A experiencia vivida de Simone de Beauvoir (2010). Edicións Xerais, ISBN 978-84-9914-095-7

Correctora lingüística e literaria Festa da Palabra Silenciada, revista. Correctora lingüística dende o ano 1989 até 2013) Vivir a galope de María Xosé Queizán (2018) Editorial Xerais ISBN 978-84-9121-453-3

Colaboracións en obras colectivas "O segundo sexo. Diario da experiencia vivida" (2008) Viceversa: revista galega de tradución, Número 14, pp. 121–129. ISNN 1135-8920-14 "Cómo chegar desde Csikvánd (Hungría) ata Agota (Kristof)" (2001) en Festa da Palabra Silenciada. Número 27. Dedicado a: As Nobel científicas. ISSN 1139-4854, pp. 61–65. "Voces en rede para unha revista en festa" en Cara a unha poética feminista-Homenaxe a María Xosé Queizán (2011). Ed Xerais. Coordinada por Camiño Noia Campos e Manuel Forcadela. 320 páxs. ISBN 978-84-9914-232-6. pp. 219–226. "A nosa lingua en distintas voces", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. pp. 37–41, ISSN 1139-4854. "Recursos e ferramentas: por un código própio", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. pp. 98–100, ISSN 1139-4854 "Fina Casalderrey, académica", Festa da palabra silenciada, 2013, Número 29. Dedicado a: 30 anos de Festa. p. 114, ISSN 1139-4854

Creación "Ma vida" na Festa da palabra silenciada, nº 15 (1999), p 106. "Aquelas mans" na Festa da palabra silenciada, nº 16 (2001), p. 42 "Sarita". "Catro" (2002) na Festa da palabra silenciada, nº 17, pp. 116– 117 "A busca, marea percebeira" (2007). II Premio Poesía Vilagarcía "Excedencia sentimental" dentro do volume Algo que ignore a las cosas serias (2018). Ediciones Idea, colección TID Maior, pp 182–184, Santa Cruz de Tenerife "Nin como chamarte sei" (2007) carta nº 65, pax.186. Concurso de Cartas Dillo a quen maltrata. Lalin. D.L.PO-466/04. "Somos Pronomes persoais poemas" no libro Palabras1 (2008). Espazo literario Caixa nova. Vigo. 2008, pp. 13–15. (poesía) Edición non venal. "Oito microrrelatos en rede" (2016-2017). Coordinación da escritora tinerfeña Yurena González Herrera. "Tenerife Noir" (2017). Micrometraxe realizado para o I Encuentro Internacional de cineastas en Arona: “Aronías” (Santa Cruz de Tenerife).

Notas

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1954 Categoría:Profesores de educación secundaria