Félix Antoine Tshisekedi Tshilombo, nado en Kinshasa o 13 de xuño de 1963, é un político congolés, é o dirixente da partido Unión para a Democracia e o Progreso Social, o partido de oposición máis antigo e máis grande da República Democrática do Congo. A partir do 9 de xaneiro de 2019, é o Presidente electo da República Democrática do Congo, sucedendo a Joseph Kabila.

Carreira política O 31 de marzo de 2018, foi elixido para dirixir o UDPS, despois da morte do seu pai, predecesor e fundador do partido, Étienne Tshisekedi, o 1 de febreiro de 2017.

Tamén o 31 de marzo de 2018, Félix Tshisekedi foi elixido polo seu partido para ser o candidato presidencial da UDPS nas eleccións xerais que tiveron lugar o 30 de decembro de 2018.

O 9 de xaneiro de 2019, anunciouse que Tshisekedi fora elixido presidente da República Democrática do Congo.

Como presidente do Congo RDC, foi elixido en febreiro de 2021 presidente rotatorio da Unión Africana.

Notas

Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Kinshasa Categoría:Presidentes da República Democrática do Congo Categoría:Unión Africana