Hédilo ( , Hēdylos) foi un poeta escritor de epigramas grego do século -III, nativo de Samos ou Atenas e fillo da poetisa Hédile e de Melicerto. Traxectoria Os seus poemas incluíronse na Grilanda de Meleagro de Gadara (Proemio 45). Once deles forman parte da Antoloxía grega, pero é moi dubidoso que sexa o autor de dous deles, o IX e o X. A maioría dos seus epigramas eloxian o viño e todos eles son humorísticos. Nalgúns describe as ofrendas dedicadas ao templo de Arsínoe II, entre as que menciona o órgano hidráulico de Ctesibio. Sabemos que era contemporáneo e rival de Calímaco e amigo de Posidipo. Por tanto viviu durante o reinado de Ptolomeo II Filadelfo, e debe catalogarse na escola alexandrina de poetas. Segundo Ateneo, suicidouse por desamor dun tal Glauco.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Nados no século -III