Riano de Creta (en grego Ῥιανὸς ὁ Κρής), nado en Creta en -275 e finado en -195, foi un poeta e gramático grego nado en Creta, amigo e contemporáneo de Eratóstenes.
Traxectoria A Suda di que primeiro foi escravo e capataz dunha palestra, pero que máis tarde recibiu educación e dedicouse aos estudos de gramática, probabelmente en AlexandríaSuda ρ 158.. Preparou unha nova edición comentada da Iliada e a Odisea; os escoliastas adoitan recoller as súas atéteses. Escribiu epigramas, once dos cales se conservan na Antoloxía grega e Ateneo. Pero fíxose coñecido sobre todo por escribir poemas épicos (mitolóxicos e etnográficos), o máis celebrado dos cales foi Meseniaca en seis libros. Nela narraba a Segunda Guerra Mesenia e as fazañas da súa figura central Aristómenes; Pausanias usouno como unha fonte autorizada para escribir o libro cuarto da súa obra. Outros poemas similares foron Acaica, Elíaca e Tesálica. A Heraclea era un poema mitolóxico longo, probabelmente unha imitación do poema do mesmo nome escrito por Paniasis, en catorce libros.
Riano escribiu tamén algúns poemas homoeróticos, como o fragmento 2D:O poeta foi mencionado nun poema do poeta Constantino Kavafis titulado «Home novo de Sidón (A.D. 400)».
Notas
Véxase tamén Bibliografía R. Cantarella, La letteratura greca dell'età ellenistica e imperiale, Milano, Sansoni Accademia, 1968, pp. 66-67. I. U. Powell, Collectanea Alexandrina, Oxford, OP, 1925, pp. 9-21. W. R. Misgeld,Rhianus von Bene und das historische Epos im Hellenismus, diss. Kòln 1968.
Categoría:Nados na periferia de Creta Categoría:Nados en -275 Categoría:Finados en -195