Fantasmas de luz é unha novela de Agustín Fernández Paz, publicada en 2011 por Edicións Xerais de Galicia.
Trama A novela conta a historia de Damián e Marga, un matrimonio que ve as súas vidas golpeadas polo desemprego. A Damián, que lavaba máis de 30 anos no oficio, bótano do traballo xa que o edificio no que desempeñaba o seu labor como operador de cabina vai ser derrubado. Por mor da súa idade cústalle volver ó mercado laboral. A partir dese momento as súas vidas experimentan un cambio incrible. De maneira progresiva, os seus corpos vanse tornando invisibles para o resto da xente. Narración A obra conta con 14 capítulos e un apartado de Tomas extra constituído por 6. Ademais, posúe un anexo que recolle todas as referencias que saen ao longo da novela sobre o cine. Está escrito en terceira persoa e ten un narrador omnisciente. A súa estrutura interna é: Introdución, que vai dende o capítulo 1 ata o 4, onde se presentan ós personaxes e a súa situación. Nó, que abarca os capítulos 5 ata 10, relatando o problema que golpea as vidas dos protagonistas. Desenlace, dende o capítulo 11 ata o 14, amosando como logran vencer as adversidades. Personaxes Damián: nado en 1954, é un home de 53 anos, casado e cun fillo que vive no estranxeiro. É empregado nunha sala de cines dende hai máis de 30 anos. Resulta algo escéptico ás veces.
Marga: casada con Damián, é unha muller optimista e positiva. Intenta verlle o lado bo ás cousas que suceden. Finalmente decide abrir unha floraría con Aida.
Ismael: fillo de Marga e Damián.
Don Carlos: xefe de Damián.
Aida: amiga e compañeira de traballo de Marga.
Espazo e tempo Os acontecementos relatados na historia desenvólvese entre o 2008 e o 2009. Os lugares recorrentes na historia son a casa dos protagonistas, o cine onde traballaba Damián e as rúas da cidade.
As películas da novela
O crepúsculo dos deuses Amarcord Despois da media noite Eu son lenda O exorcista (filme) Alien, o oitavo pasaxeiro O espírito da colmea Centauros do deserto Os catrocentos golpes París, Texas Días de radio O home que puido reinar Blade Runner Cinema Paradiso O sexto sentido Casino O padriño Caio longo Os luns ó sol Morte dun viaxante Full Monty Chovendo pedras As uvas da ira Tempos modernos O señor dos aneis Coa morte nos talóns O club dos poetas mortos Os outros American History X Cidadán Kane Matar un reiseñor Big Fish Amélie O gatopardo Morte en Venecia Drácula, príncipe das tebras As pontes de Madison Thelma e Louise O ceo sobre Berlín City of Angels (filme) O home invisible O doutor Frankenstein A noiva de Frankenstein O nome da rosa Terminator O home sen sombra Atrapa un ladrón Só ante o perigo A caixa de música Lonxe do ceo A gran proba Desexando amar 2046 Psicose (filme de 1960) West Side Story Espartaco O festín de Babette O apartamento Grupo salvaxe Jules e Jim Vania na rúa 42 Sombras e néboa
Traducións Foi traducida ao castelán por María Isabel Soto López co título de Fantasmas de luz e publicada en 2011 por Editorial Anaya. E ao catalán por Josep Franco Martínez co título de Fantasmes de llum e publicada en 2012 por Ed. Bromera.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fernández Paz, A. (2011). Fantasmas de luz, ilus. Miguelanxo Prado. Vigo: Xerais. Ligazóns externas Fantasmas de luz , na páxina web de Edicións Xerais.
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2011 Categoría:Obras literarias de Agustín Fernández Paz