Máis do 99,2% dos colombianos falan a lingua castelá; tamén se falan no país 65 linguas indíxenas, dúas linguas crioulas e o romaní. O inglés ten status oficial no Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina.
Incluíndo o castelán, a base de datos Ethnologue nomea 101 linguas en Colombia. O número específico de linguas faladas varía lixeiramente xa que algúns autores consideran linguas diferentes o que outros consideran variedades ou dialectos da mesma lingua. As mellores estimacións numeran en 71 linguas as faladas no país, a maioría delas pertencentes ás familias lingüísticas chibcha, tucana, bora–witoto, guahibana, arauaca, caribe, barbacoana e salibana. Estímase que o número de falantes de linguas indíxenas rolda os 850 000.
As 65 linguas indíxenas que existen no presente poden ser agrupadas en 12 familias lingüísticas e 10 linguas illadas, aínda non clasificadas. As doce familias lingüísticas son a chibcha, de probable orixe centroamericana, as grandes familias suramericanas arauaca, caribe, quechua e tupí, sete familias só presentes a nivel rexional (chocó, guahibana, salibana, makú, witoto, bora, tucana). As linguas illadas máis importantes son o andoque, o cofán, o camsá, o páez, o ticuna, o tinigua, o yagua e o yurí.
Clasificación Nesta táboa aparecen clasificadas as linguas de Colombia, agrupadas en 11 familias indíxenas (as linguas bora e witoto aparecen xuntas) e as de orixe indoeuropeo. Tamén aparecen as linguas illadas e sen clasificar. As linguas mortas están sinaladas con símbolo (†).
Clasificación das linguas indíxenas de Colombia Familia lingüística Grupo Lingua Territorio Arauacas Arauacas do norte Achagua Meta Baniwa Río Içana Cabiyari Mirití-Paraná Kurripako Río Içana Maipure (†) Vichada Piapoco Guainía, Vichada, Meta Yucuna Mirití-Paraná Wayuu La Guajira Barbacoanas Awa Awá pit Nariño Pasto (†) Nariño Muellama (†) Nariño Coconucos Coconuco (†) Cauca Guambiano Cauca Totoró Cauca Bora-witoto Bora Bora Amazonas Miraña Amazonas Muinane Amazonas Witoto Meneca-murui Amazonas Nonuya Amazonas Ocaina Amazonas Caribes Norte Costeiro Yukpa Cesar Opón-carare (†) Santander Sur Sueste de Colombia Carijona Amazonas, Guaviare Chibchas Magdalénico Arhuaco Arhuaco Cesar, Magdalena Atanque Cesar Kogui Magdalena Tairona Magdalena, La Guajira, Cesar Wiwa Cesar Cundicocúyico Duit (†) Boyacá Muisca (†) Cundinamarca, Boyacá Guane (†) Santander U'wa ARA, BOY, NSA, SAN Barí Barí Cesar, Norte de Santander Chimila Chimila Magdalena Ístmico Guna Guna Golfo de Urabá, río Atrato Chocó Emberá Emberá Rexión do Pacífico de Colombia Waunana Wounaan Chocó, Cauca, Valle del Cauca Guahibana Norte Macaguán Arauca Churuya (†) Meta Central Guahibo Meta, Vichada, Arauca, Guainía, Guaviare Cuiba Casanare, Vichada, Arauca Sur Guayabero Meta, GuaviareIndoeuropeasItálicasCastelánEn todo o paísXermánicasInglésSan Andrés e ProvidenciaIndoiraniaRomaníPrincipais cidades Nadahup Norte Kakwa-nukak Kakwa Ríos Papuri e Vaupés Nukak Guaviare Puninave Puinave Guainía Nadajup Jup Yujup Ríos Japurá e Tiquié Jupda Ríos Papuri e Tiquié Quechuas Quechua II Chinchay (Q II-B) Kichwa Cauca, Nariño, Putumayo Piaroa-salibanas Salibanas Saliba Arauca, Casanare Piaroa Piaroa Vichada Wirö Vichada Tucanas Occidental Noroccidental Koreguaje Río Orteguaza Macaguaje (†) Yauna (†) Siona Río Putumayo Central Norte Cubeo Vaupés, Cuduyarí Querarí, Pirabotón Sur Tanimuca Guacayá, Mirití Oikayá, Aporis Leste Norte Piratapuya Papurí Tucano (pisamira) Papurí, Caño Paca Wanano Vaupés Central Waimajã Colorado, Fríjol Lobo, Tiquié Desano Vaupés Siriano Vaupés Tatuyo Vaupés Tuyuca Tiquié Yurutí Vaupés Sur Barasana Vaupés Carapana Vaupés Macuna Vaupés Tupís Tupí-guaraní Cocama–omagua Cocama Putumayo Illadas Andoque río Japurá Ticuna Leticia, Puerto Nariño Betoi (†) Casanare Camsá Putumayo Cofán Nariño, Putumayo Tinigua Meta, Caquetá Pamigua (†) Meta Sen clasificar Páez Cauca, Huila, Valle del Cauca Andaquí (†) Caquetá Colima (†) Cundinamarca Malibú (†) Tamalameque, Tenerife Mocana (†) Cartaxena de Indias Muzo (†) Cundinamarca Panche (†) Cundinamarca Pijao (†) Tolima Yarí Caquetá Yurí (†) Amazonas
Linguas de sinais Lingua de sinais colombiana Lingua de sinais de Providencia
Notas
Véxase tamén Bibliografía