Ricardo Felipe da Silva Braga, nado en Valbom, Gondomar, Portugal, o 3 de setembro de 1985, máis coñecido como Ricardinho, é un xogador de fútbol sala portugués que xoga no Inter Movistar de España e na selección nacional do seu país.

Foi nomeado mellor xogador do mundo no 2010, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018, sendo o único xogador portugués en recibir este recoñecemento e o que máis veces o conseguiu na historia do fútbol sala, ademais de ser quen máis veces o conseguiu de maneira consecutiva (5 anos seguidos dende o 2014).

Carreira Ricardinho comezou a xogar ao fútbol sala no Gramidense para despois fichar polo Miramar no ano 2002. Alí foi onde comezou a xogar profesionalmente. Despois de destacar neste club foise ao Benfica, club que tiña un proxecto moi ambicioso para desbancar o seu gran rival, o Sporting de Lisboa. No Benfica non tardou en namorar aos afeccionados e en crear adeptos cun xogo creativo e de gran calidade. Na Copa de la UEFA de Fútbol Sala 2003-2004, o Benfica de Ricardinho realizou unha gran fazaña chegando ata a final, onde perderon contra o Interviú por 5-7.

Na temporada seguinte o Benfica logrou un dobrete, ao gañar a liga e a Copa de Portugal. A partir desa tempada, o Benfica converteuse no dominador do campionato nacional e o equipo fixo historia tras a conquista da Copa de la UEFA de Fútbol Sala2009-10 tras vencer 3-2 ao Interviú, onde Ricardinho realizou un gran encontro. Ao final da tempada, Ricardinho abandona o Benfica para fichar polo Nagoya Oceans, club no que xogou durante unha tempada logrando gañar a liga xaponesa. Durante a estancia nese club, obtivo o seu primeiro galardón como mellor xogador do mundo. Na seguinte tempada xogou no MFK CSK Moscova, onde estivo só uns meses. Tras isto, no 2012, volveu ao Benfica onde volveu a conseguir un dobrete co club portugués.

Inter Movistar Na tempada 2013-14 fichou polo Inter Movistar, onde logrou o título de campións da Liga Nacional de Fútbol Sala e foi o MVP desa tempada, converténdose pronto no xogador franquía e sendo nomeado mellor xogador do mundo no ano 2014. Ao ano seguinte, volveu a gañar a liga co Inter Movistar e volveu a ser nomeado o MVP de dicha tempada.Tamén gañou a Supercopa de España de Fútbol Sala co Inter.

Na 2015-16, o Inter Movistar gañou de novo a LNFS. Ricardinho, iso si, non puido volver a ser MVP desta tempada, xa que Bruno Taffy se fixo co trofeo ao mellor xogador da competición.

No 2016 foi o máximo goleador no mundial de selección realizado ese ano en Colombia con 12 anotacións, 6 delas nun só partido ante Panamá, torneo no que a súa selección chegaría a semifinais caendo ante Arxentina, a actual  campioa do mundo, obtendo o cuarto lugar ao caer pola vía do tiro penal ante Irán no partido polo terceiro lugar. Pese a recibir unha oferta millonaria do Nacional de Zagreb en Croacia, Ricardinho decide continuar o seu vínculo co Inter Movistar.

No 2017 gañou a Copa de España ao superar na quenda de penaltis a ElPozo Murcia.

O 30 de abril de 2017 gañou xunto co seu equipo, o Inter Movistar, a Copa da UEFA de fútbol sala 2016-17, tras gañarlle (0-7) ao Sporting CP, nun partido histórico.

Nesa mesma tempada, Ricardinho deulle a liga ao Inter Movistar tras marcar o (2-1) definitivo no quinto partido dos playoffs ante o FC Barcelona.

O 10 de xaneiro de 2018 foi nomeado mellor xogador do 2017, sendo este o cuarto galardón consecutivo e o quinto da súa carreira, superando así o número de galardóns obtidos polo brasileiro Falcao. Xusto un mes despois, o 10 de febreiro, gañou a Eurocopa dese ano coa selección portuguesa logo de vencer na final 3-2 á múltiple campioa continental, España, sendo nomeado ademais mellor xogador do torneo e o máximo goleador do certame pese a lesionarse na final.

Co Inter Movistar volveu a firmar unha tempada histórica revalidando a Copa de la UEFA de fútbol sala, ao vencer na final ao Sporting CP por 5-2, e a LNFS, derrotando ao FC Barcelona na final dos playoffs.

En decembro de 2018 foi nomeado por sexta vez, e quinta de forma consecutiva, mellor xogador de fútbol sala do mundo.

Clubs ClubPaísAnoGramidensePortugal 2002Miramar FSPortugal2002 - 2003SL BenficaPortugal2003 - 2010Nagoya OceansXapón2010 - 2013MFK CSKA Moscova (cedido)Rusia2011SL Benfica (cedido)Portugal2012Inter MovistarEspaña2013 - Act.

Palmarés

Benfica Liga Portuguesa (5): 2005, 2007, 2008, 2009, 2012 Copa de Portugal (4): 2005, 2007, 2009, 2012 Supercopa de Portugal (4): 2006, 2007, 2009, 2012 Copa de la UEFA de fútbol sala: 2010

Nagoya Oceans Liga xaponesa (1)

Inter Movistar Liga Nacional de Fútbol Sala (5): 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 Copa del Rey de Fútbol Sala (1): 2015 Copa de España de fútbol sala (3): 2014, 2016, 2017 Supercopa de España de Fútbol Sala (3): 2015, 2017, 2018 Copa de la UEFA de fútbol sala (2): 2017, 2018

Selección nacional Eurocopa de fútbol sala (1): 2018

Títulos individuais MVP da Supercopa de España (1): 2017 Mellor xogador do mundo (5): 2010, 2014, 2015, 2016, 2017 Mellor xogador da LNFS (2): 13/14, 14/15 Mellor Ala da LNFS (2): 13/14, 14/15

Libro Ricardinho: La magia acontece donde hay dedicación (Córner)

Notas

Categoría:Nados no distrito do Porto Categoría:Nados en 1985 Categoría:Xogadores de fútbol sala