Chernobyl é unha miniserie de televisión de drama histórico creada e escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck para HBO. A serie céntrase no desastre nuclear de Chernóbil que ocorreu en abril de 1986 e os esforzos de limpeza sen precedentes que o seguiron. Producida por HBO en asociación con Sky UK, conta cun elenco liderado por Jared Harris, Stellan Skarsgård e Emily Watson.
A serie emitiuse en cinco partes nos Estados Unidos de América o 6 de maio de 2019 e foi aclamada pola crítica. Nos Premios Primetime Emmy, recibiu seis nomeamentos, incluíndo a de mellor miniserie e mellores actuacións para Harris, Skarsgård e Watson.
Sinopse Chernobyl dramatiza "a verdadeira historia dunha das peores catástrofes provocadas polo home e fala dos valentes homes e mulleres que se sacrificaron para salvar a Europa dun desastre inimaxinable. A miniserie céntrase no desgarrador alcance do desastre da planta nuclear que ocorreu en Ucraína en abril de 1986, revelando cómo e por que ocorreu, ademais contando as sorprendentes e notables historias dos heroes que loitaron e caeron".
Elenco Jared Harris como Valery Legasov Stellan Skarsgård como Boris Shcherbina Emily Watson como Ulana Khomyuk Paul Ritter como Anatoly Dyatlov Jessie Buckley como Lyudmilla Ignatenko Adam Nagaitis como Vasily Ignatenko Con O'Neill como Viktor Bryukhanov Adrian Rawlins como Nikolai Fomin Sam Troughton como Aleksandr Akimov Robert Emms como Leonid Toptunov David Dencik como Mikhail Gorbachev Mark Lewis Jones como Vladimir Pikalov Alan Williams como Charkov Alex Ferns como Andrei Glukhov Ralph Ineson como Nikolai Tarakanov Barry Keoghan como Pavel Gremov Fares Fares como Bacho Michael McElhatton como Andrei Stepashin
Produción Desenvolvemento O 26 de xullo de 2017, anunciouse que HBO encargou a serie Chernobyl, a súa primeira coprodución con Sky Television. A miniserie de cinco episodios foi escrita por Craig Mazin e dirixida por Johan Renck. Mazin tamén exerceu como produtor executivo xunto con Carolyn Strauss e Jane Featherstone, con Chris Fry e Renck actuando como produtores co-executivos.
O 11 de marzo de 2019, anunciouse que a miniserie se estrearía o 6 de maio de 2019.HBO Miniseries Chernobyl Sets May Premiere Date
Casting Simultaneamente co anuncio da serie, confirmouse que Jared Harris protagonizaría a mesma. O 19 de marzo de 2018, anunciouse que Stellan Skarsgård e Emily Watson se unirían ao elenco principal. En maio de 2019, anunciouse que Paul Ritter, Jessie Buckley, Adrian Rawlins e Con O'Neill tamén se uniron ao elenco.
Rodaxe A fotografía principal comezou en abril de 2018 en Lituania.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Accidente de Chernóbil Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión da HBO Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019