Brief Answers to the Big Questions é un libro de ciencia popular escrito polo físico Stephen Hawking, e publicado por Hodder & Stoughton (tapas duras) e Bantam Books (tapas brandas) o 16 de outubro de 2018. O libro aborda algúns dos grandes misterios do universo, e promove unha visión da ciencia como un factor importante para arranxar os problemas da Terra. A editorial describe o libro como "unha selección das máis profundas, accesibles e oportunas reflexións [de Hawking] do seu arquivo persoal", e inclúe, segundo un crítico de libros, arredor de "medio millón de palabras" dos seus ensaios, conferencias e discursos de apertura. O libro estaba incocluso cando o autor faleceu en marzo de 2018, pero completouse cos "seus colegas académicos, a súa familia e o Stephen Hawking Estate". O prólogo do libro foi escrito por Eddie Redmayne, actor gañador do Oscar que interpretou a Stephen Hawking no filme de 2014, The Theory of Everything; conta cunha introdución de Kip Thorne, Premio Nobel de Física; e un epílogo de Lucy Hawking, a filla do autor. Unha parte dos beneficios do libro están destinados á Motor Neurone Disease Association e á Fundación Stephen Hawking.
Notas
Categoría:Obras literarias de 2018 Categoría:Obras literarias en inglés