Antonio Méndez Casal, nado en Monforte de Lemos cara 1884 e finado en Madrid o 13 de xaneiro de 1940, foi un crítico de arte galego. Traxectoria Nado en Monforte de Lemos. Durante a súa mocidade tamén cultivou o debuxo. Foi colaborador das publicacións ABC e Blanco y Negro. Foi académico da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Unha rúa de Monforte leva o seu nome.
Notas
Categoría:Críticos da arte Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos