O Presidente da República de Kazakhstán (, ), é o xefe de Estado de Kazakhstán.
É o cargo máis alto da República de Kazakhstán e ostenta tamén o posto de comandante en xefe das Forzas Armadas. Os seus poderes están descritos nunha sección especial da Constitución de Kazakhstán.
O posto foi establecido o 24 de abril de 1990, un ano antes da disolución da Unión Soviética. O Presidente actual é Kassym-Jomart Tokayev, quen accedeu ao cargo o 20 de marzo de 2019 tras a dimisión do primeiro presidente, Nursultan Nazarbayev.
Símbolos As decoracións do Presidente de Kazakhstán inclúen unha marca no peito e un estandarte presidencial.
Estandarte presidencial O Estandarte Presidencial de Kazakhstán é similar á bandeira nacional en que é rectangular cunha proporción de 1:2. No centro do estandarte está o escudo de Kazakhstán. Está bordeado por tres lados con flocos de ouro.
O actual estandarte presidencial entrou en servizo en 2012. O estandarte anterior, que foi utilizado de 1995 a 2012, era un rectángulo azul claro cun círculo de ouro, no interior do cal aparecía a figura dun xove líder saca montando un leopardo das neves.
Orde Altyn Qyran A Orde da Aguia de Ouro (: ou Orde Altyn Qyran) é o premio civil máis alto que pode ser outorgado polo Presidente de Kazakhstán. O seu propósito é recoñecer un servizo excepcional ao país por parte de cidadáns kazakh e estranxeiros. Como xefe de Estado, o Presidente é de facto Comandante de clase especial da Orde de Altyn Kyran.
O Presidente na Constitución O apartado 5 do Artigo 42 da Constitución determina que ninguén pode ser elixido presidente máis de dúas veces seguidas, mais tamén expón que "A presente restrición non se estenderá ao Primeiro Presidente da República de Kazakhstán".
O Artigo 46 di que "a honra e a dignidade" do Presidente "serán inviolábeis" e que os seus gastos serán pagados polo estado. O apartado 4 do artigo perfila o estado especial e a autoridade do primeiro presidente, e refire a unha acto constitucional especial para as definicións.Segundo esta acta, o primeiro presidente inmunidade total, absoluta e ilimitada para todas as accións que efectúe durante o cargo, e que continuará sendo oficial de goberno até a súa morte. Tamén conserva o dereito a dirixirse aos cidadáns de Kazakhstán, de ter gardas, comunicación, transporte, e apoio estatal á súa actividade, e que o seu apartamento oficial e residencia de verán pasen a ser da súa propiedade con mantemento oficial. Tamén se lle proporcionan coidados médicos, sanatorio, pensións e seguro.
O 26 de abril de 2015 Nursultan Nazarbayev foi reelixido para o seu 5º mandato presidencial. A cerimonia oficial de inauguración tivo lugar no Palacio de Independencia en Astana o 29 de abril. Na cerimonia de inauguración o presidente reelixido asegurou á nación que continuaría as 5 reformas institucionais que ofrecera, o cal "contribuiría ao crecemento e desenvolvemento constante do país".
O 25 de xaneiro de 2017 Nursultan Nazarbayev anunciou as reformas á constitución que redistribuirían poderes executivos ao parlamento e ministerios co propósito dun goberno máis aberto e eficiente.
Administración presidencial miniatura|Un documento oficial da presidencia. A Administración Presidencial da República de Kazakhstan (, ) informa directamente ao presidente e axúdalle nas súas citas diarias. Foi estabelecido en conformidade ao Decreto Presidencial Nº 2565 o 20 de outubro de 1995. Ten a súa base actualmente no Palacio Presidencial Ak-Orda na cidade capital de Astana. Antes diso, estaba en Almati.
Xefes da Administración Presidencial
Nurtai Abykayev (1990–1995) Saginbek Tursunov (1995–1996) Akhmetzhan Yesimov (1996) Oralbay Abdykarimov (1996–1997) Sarybai Kalmurzaev (1997–1998) Vladimir Shepel (1998) Akhmetzhan Yesimov (1998) Alikhan Baimenov (1998–1999) Sarybai Kalmurzaev (1999—2002) Nurtai Abykayev (29 de xaneiro de 2002 – 10 de marzo de 2004) Imangali Tasmagambetov (10 de marzo – 9 de decembro de 2004) Adilbek Dzhaksybekov (19 de decembro de 2004 – 23 de xaneiro de 2008) Kairat Kelimbetov (23 de xaneiro – 13 de outubro de 2008) Aslan Musin (13 de outubro de 2008 – 21 de setembro de 2012) Karim Massimov (24 de setembro de 2012 – 3 de abril de 2014) Nurlan Nigmatulin (3 de abril de 2014 – 21 de xuño de 2016) Adilbek Dzhaksybekov (21 de xuño de 2016 – 10 de setembro de 2018) Aset Issekeshev (10 de setembro de 2018 – presente)
Eleccións Antes das eleccións de 2011, Nazarbayev escribiu un artigo para o Washington Post titulado "O firme progreso de Kazakhstán cara a democracia".Kazakhstan’s steady progress toward democracy Washington Post
As quintas eleccións presidenciais de Kazakhstán celebráronse o 26 de abril de 2015. Nursultan Nazarbayev foi reelixido co 97.7% dos votos. Un total de 858 observadores de 19 países estiveron presentes nos colexios electorais durante as eleccións e non informaron de problemas significativos. Segundo o director da Academia de Diplomacia de Londres, Joseph Mifsud, as eleccións "cumpriron cos estándares europeos".
A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE) e outros organismos internacionais criticaron as eleccións como non limpas, apuntando peches de medios de comunicación críticos co goberno e o encarcerando de activistas de oposición. A portavoz da OSCE Cornelia Jonker criticou a falta dunha "alternativa xenuína" para os votantes e tamén argumentou que había "restricións significativas á liberdade de expresión".Kazakhstan president Nursultan Nazarbayev wins re-election with 97.7 per cent of vote, ABC Australia, 28 April 2015
A data prevista para as sextas eleccións presidenciais de Kazakhstán é o 9 de xuño de 2019. Serán as primeiras eleccións dende a dimisión do primeiro presidente de Kazakhstán, Nursultan Nazarbayev.
Presidentes de Kazakhstán (1990–presente) A columna "Nº" numera consecutivamente os individuos que exerceron como presidente, mentres a columna "Elixido" numera consecutivamente os mandatos presidenciais. NºNomeRetratoElixidoLexislaturaPartido político1Nursultan Nazarbayev Нұрсұлтан Назарбаев
(1940–)187x187px—24 de abril de 19901 de decembro de 1991Partido Comunista de Kazakhstán119911 de decembro de 199114 de decembro de 1991(1)14 de decembro de 199120 de xaneiro de 1999Independente2 199920 de xaneiro de 19991 de marzo de 1999(1)1 de marzo de 199911 de xaneiro de 2006Otan3 200511 de xaneiro de 20061 de decembro de 2006(1)1 de decembro de 20068 de abril de 2011Nur Otan4 20118 de abril de 201129 de abril de 20155 201529 de abril de 201520 de marzo de 20192Kassym-Jomart Tokayev Қасым-Жомарт Тоқаев
(1953–)176x176px20 de marzo de 2019Обязанности президента Казахстана будет исполнять спикер Сената ТокаевPresenteNur Otan
Lista por tempo no cargo PostoPresidenteTempo no cargo1Nursultan Nazarbayev27 anos e 94 días Counting from the declaration of independence on 16 December 1991.2Kassym-Jomart Tokayev
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de dirixentes de Kazakhstan Xefes de Estado e goberno actuais
Ligazóns externas Sitio web oficial de Kazakhstan Presidente Nazarbayev Kazakhstan Presidente Nazarbayev Biografía
Categoría:Listas de personalidades da política