José Antonio Reyes Calderón, nado en Utrera (Sevilla) o 1 de setembro de 1983 e finado en Alcalá de Guadaíra o 1 de xuño de 2019, foi un futbolista español de orixe xitana, internacional en 21 ocasións coa selección española de fútbol. Faleceu nun accidente de tráfico preto da súa localidade natal aos 35 anos de idade.
Foi o xogador máis novo en debutar en Primeira División co Sevilla FC cando tiña dezaseis anos. No mercado de inverno da tempada 2003-04 foi traspasado ao Arsenal FC por aproximadamente trinta millóns. Alí conseguiu unha Premier League (sendo o primeiro español en conseguila), unha Community Shield en 2004 e unha FA Cup en 2005.
A partir de entón, os seus problemas de adaptación fixeron que o seu rendemento futbolístico baixase e estivo cedido unha tempada no Real Madrid, conseguindo a liga en 2007, e ese mesmo ano foi traspasado ao Atlético de Madrid. Alí foi cedido de novo ao Benfica portugués. Despois volveu ao Atlético e xogou tamén no Sevilla (2012-2016), o Espanyol (2016-2017), o Córdoba (2018), o Xinjiang Tianshan Leopard Football Club chinés (2018-2019) e, finalmente, en xaneiro de 2019 incorporouse ao Extremadura UD. Foi o xogador que máis campionatos de UEFA Europa League gañou, un total de cinco, dous co Atlético de Madrid e tres co Sevilla.
Falecemento José Antonio Reyes faleceu o 1 de xuño de 2019 aos 35 anos de idade, nun accidente de tráfico na estrada que une Sevilla con Utrera, á altura do quilómetro 18, no termo municipal de Alcalá de Guadaíra. Preto das 11:30 da mañá na autovía A-376, o seu vehículo, no que viaxaban tres persoas, saíuse da calzada circulando a 237 km/h segundo o atestado da Garda Civil. Isto provocou a morte no acto do futbolista así como do seu curmán acompañante, e o incendio posterior do vehículo no que viaxaban. Un terceiro ocupante terminou gravemente ferido.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSegunda DivisiónSevilla FC2001Premier LeagueArsenal FC2004Community ShieldArsenal FC2004FA CupArsenal FC2005Liga de EspañaReal Madrid2007Copa da LigaBenfica2009
Campionatos internacionais TítuloEquipoSedeAnoEuropeo Sub-19Selección de España2002Copa IntertotoAtlético de Madrid2007UEFA Europa LeagueAtlético de Madrid Hamburgo2010Supercopa de EuropaAtlético de Madrid Mónaco2010UEFA Europa LeagueAtlético de Madrid Bucarest2012UEFA Europa LeagueSevilla FC Turín2014UEFA Europa LeagueSevilla FC Varsovia2015UEFA Europa LeagueSevilla FC Basilea2016
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Nados en Utrera Categoría:Finados en 2019 Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Arsenal FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do RCD Espanyol Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Españois de ascendencia xitana