A República Socialista Soviética de Estonia (en estoniano: Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik; en ruso: Эстонская Советская Социалистическая Республика, transl. Estonskaya Sovetskaya Sotsalisticheskaya Respublika), tamén coñecida como a RSS de Estonia, foi unha das repúblicas que compoñían a antiga Unión Soviética. Refírese a un estado monicreque soviético de curta vidaThe Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania (Postcommunist States and Nations) David J. Smith from Front Matter ISBN 0415285801Estonia: Identity and Independence: Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse on Page 246. ISBN 9042008903 proclamado o 21 de xullo de 1940 logo da invasión e ocupación da República de Estonia pola URSS, e en consecuencia á república constituínte da URSS que a sucedeu logo da súa anexión entre 1940 e 1941, e entre 1944 e 1991. O territorio de Estonia estivo ocupado polos nazis entre 1941 e 1944 (vexa Ocupación de Estonia pola Alemaña Nazi).
Símbolos da RSS de Estonia miniatura|esquerda|250px|Proporcións: 1:2 A bandeira da RSS de Estonia foi adoptada o 6 de febreiro de 1953. Era unha bandeira vermella, ao estilo das demais bandeiras soviéticas, co fouce e martelo en ouro, e enriba unha estrela vermella cos contornos en ouro. Na metade inferior da bandeira aparecen unhas ondas de mar en púrpura e coas cristas brancas. Antes disto, a bandeira era vermella co fouce e martelo en dourado no curruncho superior esquerdo. Enriba dos símbolos comunistas aparecían en dourado os caracteres latinos ENSV (Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik). miniatura|300px|Escudo de armas da RSS de Estonia O escudo de armas da RSS de Estonia foi adoptado en 1940 polo goberno. Amosa un amencer acentuado por raios de sol, o fouc e martelo pola vitoria do comunismo e a "comunidade mundial de estados socialistas", e a estrela vermella para simbolizar a adhesión ao comunismo.
Na parte baixa do texto sobre a banda pódese ler, en lingua estoniana, Eesti NSV (por Eesti Nõukogude Sotsialistlik Vabariik, República Socialista Soviética de Estonia). Á dereita, talos de trigo rodean o centro do escudo de armas, e á esquerda unha póla de conífera.
A banda ten o lema nacional da URSS ("Proletarios de tódolos países, unídevos!") tanto en estoniana (Kõigi maade proletaarlased, ühinege!) e rusa (Пролетарии всех стран, соединяйтесь!).
Historia Ocupación soviética de 1940 O destino da República de Estonia antes da segunda guerra mundial decidiuse polo Pacto de Non Agresión Xermano-Soviético e polo Protocolo Secreto Adicional de agosto de 1939.
O 24 de setembro de 1939 apareceron barcos de guerra soviéticos nos portos estonianos e bombardeiros soviéticos comezaron a patrullar de xeito ameazador sobre Tallinn e os arredores.Moscow's Week at Time Magazine on Monday, October 9 1939 Moscova esixiu que Estonia permitise á URSS establecer bases militares e despregar 25,000 efectivos en chan estoniano mentres durase a guerra en Europa.The Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania by David J. Smith, Page 24, ISBN 0-415-28580-1 O goberno de Estonia aceptou o ultimato asinando o correspondente acordo o 28 de setembro de 1939.
O 12 de xuño de 1940, segundo o director do Arquivo de Estado Ruso do Departamento Naval Pavel Petrov (C.Phil.), foi dada a orde á Frota Báltica Soviética de que Estonia fose bloqueada militarmente. Pavel Petrov] at Finnish Defence Forces home pagedocuments published from the State Archive of the Russian Navy
O 14 de xuño o bloqueo militar soviético de Estonia converteuse nun feito mentres a atención do mundo dirixíase cara a caída de París en mans da Alemaña nazi o día anterior. Dous avións soviéticos derribaron ao avión de pasaxeiros finés "Kaleva" que voaba dende Tallinn a Helsinqui levando tres sacas de correos diplomáticas das delegacións dos EEUU en Tallinn, Riga e Helsinqui.The Last Flight from Tallinn at American Foreign Service Association
O 16 de xuño, a Unión Soviética invadiu Estonia.Five Years of Dates at Time magazine on Monday, Jun. 24, 1940 A Unión Soviética presentou un ultimato, demandando a substitución do goberno estoniano e acceso libre para as tropas soviéticas. O Exército Vermello emerxeu das bases militares en Estonia e, axudado por 90,000 efectivos soviéticos adicionais, tomou o país, ocupando os territorios da República de Estonia,The World Book Encyclopedia ISBN 0716601036,The History of the Baltic States by Kevin O'Connor ISBN 0313323550 e organizando e apoiando protestas comunistas en todo o país.Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 9042008903
O 17 de xuño, o día en que Francia rendeuse a Alemaña, Estonia aceptou o ultimato. O goberno estoniano decidiu de acordo co Pacto Kellogg-Briand non defenderse; dada a atafegante forza soviética tanto nas fronteiras como dentro do país, a orde foi de non resistir, para evitar o derramamento de sangue e a guerra aberta.The Baltic States: Estonia, Latvia and Lithuania by David J. Smith p.19 ISBN 0-415-28580-1
A maioría das Forzas de Defensa Estonianas e a Liga de Defensa Estonia rendéronse de acordo coas ores e foron desarmadas polo Exército Vermello. Tan só o Batallón Independente de Sinais Estoniano estacionado en Tallinn, na rúa Raua, amosou resistencia. Cando o Exército Vermello introduciu como apoio seis vehículos blindados de combate, a batalla durou varias horas até o solpor. Houbo un morto e varios feridos no lado estoniano, e dez mortos e máis feridos no loado soviético. Finalmente púxose fin á resistencia militar con negociacións e o Batallón Independente de Sinais rendeuse e foi desarmado.51 years from the Raua Street Battle at Estonian Defence Forces Home Page
O 21 de xuño de 1940, a ocupación soviética da República de Estonia era completa.Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 90-420-0890-3 A Bandeira de Estonia foi substituída por unha bandeira vermella na torre de Pikk Hermann.
O 21 de xuño o Presidente Konstantin Päts (deportado a Ufa o 30 de xullo e máis tarde arrestado) formou un novo goberno baixo o Primeiro Ministro Johannes Vares.
Entre o 14 e o 15 de xullo celebráronse unhas eleccións parlamentarias monopartidistas onde tódolos candidatos anticomunistas foron prohibidos. A xente foi forzada a votar baixo o medo de persecución, e aqueles que non o fixeron foron máis tarde arrestados acusados de traizón e executados.Justice in The Baltic at Time magazine on Monday, Aug. 19, 1940 Foron establecidos tribunais para castigar aos "traidores ao pobo", aqueles que non cumpriran co "deber político" de votar para que Estonia entrase na URSS. A comunista "Unión do Pobo Traballador Estoniano" acadou unha maioría absoluta de escanos. O 21 de xullo o parlamento (Riigivolikogu) proclamou a creación da República Socialista Soviética de Estonia, e, a pesar das promesas dadas antes das eleccións, pediu a unión á Unión Soviética o 22 de xullo. En resposta a RSS de Estonia foi formalmente incorporada á Unión Soviética o 6 de agosto de 1940, e especialmente converteuse na décimo sexta república constituínte da URSS. O 16 de xullo de 1956, a RSS Carelo-Finesa foi degradada á República Socialista Soviética Autónoma de Carelia; dende ese momento até 1991, a RSS de Estonia foi considerada a décimo quinta república constituínte.
Segundo fontes occidentais e estonianas a República de Estonia foi ocupada pola Unión Soviética en xuño de 1940,Soviet occupation of Estonia at Time Magazine on Monday, Jul. 01, 1940The History of the Baltic States by Kevin O'Connor ISBN 0313323550Estonian Ministry of Foreign Affairs: Molotovi-Ribbentropi pakt ja selle tagajärjed e incorporada forzosamente á URSS como resultado dun golpe de estado comunista apoiado por tropas soviéticas.Estonia: Identity and Independence by Jean-Jacques Subrenat, David Cousins, Alexander Harding, Richard C. Waterhouse ISBN 9042008903 Os Estados Unidos, Reino Unido e outras potencias occidentais consideraron á anexión de Estonia pola URSS ilegal seguindo a Doutrina Stimson — postura que fixo da doutrina un precedente establecido da legalidade internacional.Vitas, Robert A. (1990). The United States and Lithuania. The Stimson Doctrine of Nonrecognition. N.Y.: Praeger. ISBN 0-275-93412-8. Malia que os Estados Unidos e o Reino Unido, aliados da URSS contra Alemaña durante a segunda guerra mundial, recoñeceron de facto a ocupación das repúblicas bálticas pola URSS na Conferencia de Ialta en 1945, mantiveron relacións diplomáticas cos representantes exiliados da independente República de Estonia,Mälksoo, Lauri (2000). Professor Uluots, the Estonian Government in Exile and the Continuity of the Republic of Estonia in International Law. Nordic Journal of International Law 69.3, 289-316. e nunca recoñeceron xuridicamente a anexión da República de Estonia. "whereas the Soviet annexias of the three Baltic States still has not been formally recognized by most European States and the USA, Canada, the United Kingdom, Australia and the Vatican still adhere to the concept of the Baltic States".
O goberno ruso continúa a manter, porén, que a anexión soviética de Estonia foi lexítimaRussia denies Baltic 'occupation' by BBC News
O terror soviético As autoridades soviéticas, tendo gañado o control de Estonia, inmediatamente impuxeron o seu sistema e réxime. Foi dada a Orde № 001223 "Sobre o procedemento para levar a cabo a deportación dos elementos antisoviéticos de Lituania, Letonia e Estonia".
Durante o primeiro ano da ocupación soviética (1940-1941), máis de 8,000 persoas, incluíndo a maioría dos líderes políticos do país e dos oficiais militares, foron arrestados. Arredor de 2,200 dos arrestados foron executados en Estonia, mentres moitos dos outros foron levados a campos de concentración en Rusia, dende onde moi poucos puideron volver vivos máis tarde.
O 19 de xullo de 1940, o Comandante en xefe do Exército Estoniano Johan Laidoner foi capturado pola NKVD e deportado xunto coa súa muller ao pobo de Penza. Laidoner morreu no Campo de Prisioneiros Vladimir, en Rusia, o 13 de marzo de 1953.General Johan Laidoner at The Estonian War Museum O Presidente de Estonia, Konstantin Päts, foi arrestado e deportado polos soviéticos a Ufa (Rusia) o 30 de xullo, morreu nun hospital psiquiátrico en Kalinin (actualmente Tver) en Rusia en 1956.
800 oficiais estonianos, aproximadamente a metade do total, foron executados, arrestados ou mortos de fame nos campos de prisioneiros.
A ocupación nazi: 1941-1944
Logo de que a Alemaña Nazi invadise a Unión Soviética o 22 de xuño de 1941, a Wehrmacht ocupou Estonia en xullo de 1941. Malia que os alemáns foron percibidos ao comezo como liberadores da URSS e da súa represión por moitos estonianos que esperaban a restauración da independencia do seu país, viuse pronto que eran outro poder de ocupación. Os alemáns saquearon o país no esforzo da guerra e desencadearon o Holocausto. Estonia foi incorporada á provincia alemá de Ostland.
A ocupación soviética: 1944-1991 As forzas soviéticas volveron ocupar Estonia no outono de 1944 logo de feroces batallas no nordés do país, no río Narva e na liña Tannenberg (Sinimäed). En 1944, atopándose co país sendo reocupado polo exército soviético, 80,000 persoas fuxiron de Estonia por mar a Finlandia e Suecia. 25,000 estonianos chegaron a Suecia e máis de 42,000 a Alemaña. Durante a guerra arredor de 8,000 sueco-estonianos e os membros das súas familias emigraron a Suecia . Logo da retirada dos alemáns, arredor de 30,000 partisanos permaneceron ocultos nos bosques estonianos, iniciando unha masiva guerra de guerrillas.
En 1945 algúns territorios do leste de Estonia coas vilas de Jaanilinn e Petseri foron transferidos á RSFS de Rusia.