Ramón Diéguez Carlés, nado en Pontecesures e finado no mesmo concello en setembro de 1968, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Estudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a traballar en Madrid no laboratorio de José Casares Gil. Foi propietario e director da Cerámica Celta de Pontecesures dende 1926, cando fusionou a súa empresa de cal La Calera coa Cerámica Artística Gallega. Coa proclamación da República foi nomeado alcalde de Pontecesures o 25 de abril de 1931, permanecendo no cargo até o 5 de xuño.La Noche, 6-9-1958, p. 6. No franquismo foi presidente da Sociedad Deportiva Ulla. Finou en Pontecesures en setembro de 1968.El Pueblo Gallego, 28-9-1968, p. 14.

Vida persoal Casou con María de la Paz Sierra Ramos en 1924,El Pueblo Gallego, 27-1-1924, p. 11. e foi pai de José e Jorge Diéguez Sierra. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Cerámica Celta

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Pontecesures Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes