Philipp Amthor, nado o 10 de novembro de 1992 en Ueckermünde, é un político alemán.
Traxectoria Amthor medrou en Torgelow con súa nai, preparadora de operadores nun centro de atención telefónica, sen case ter relación con seu pai. Entre 2012 e 2017 estudou dereito na Universidade de Greifswald, e dende 2017 está a elaborar a súa tese de doutoramento, colaborando tamén como traballador independente para o bufete berlinés de White & Case LLP.
miniatura|Amthor no Bundestag en 2019 Militante dende 2008 da CDU e das súas mocidades, é membro da executiva das mocidades do partido en Mecklemburgo-Antepomerania dende 2010 e mentres realizaba os seus estudos traballou como voluntario para parlamentarios, tanto do seu lander como federais. No seo da CDU está considerado como conservador e así declarouse contra do enfoque integrado de xénero e do matrimonio entre persoas do mesmo xénero, e foi un dos iniciadores dos denominados círculos conservadores (Konservativen Kreises) no CDU de Mecklemburgo-Antepomerania.
Presentouse ás eleccións ao Bundestag de 2017 pola circunscrición de Mecklenburgische Seenplatte I – Vorpommern-Greifswald II logrando a acta de deputado, converténdose no deputado máis novo por mandato directo da XIX lexislatura, e o segundo máis novo de todos os deputados da lexislatura. No Bundestag pertence á comisión do interior e de asuntos europeos. Amthor tamén é membro da Europa-Union Deutschland, a sección alemá da Unión dos Federalistas Europeos. Dende 2018 forma parte da executiva federal das mocidades da CDU.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Bundestag
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Mecklemburgo-Antepomerania Categoría:Alumnos da Universidade de Greifswald Categoría:Membros do Bundestag