Arlette Pinheiro Esteves da Silva, nada no Río de Xaneiro o 16 de outubro de 1929, é unha actriz brasileira de cinema, teatro e televisión, coñecida como Fernanda Montenegro. Chamada "a Primeira Dama do Teatro do Brasil", foi a primeira actriz latinoamericana que recibiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz protagonista, polo filme Central do Brasil de Walter Salles.

En 2013, converteuse tamén na primeira brasileira en gañar un premio Emmy internacional.Fernanda Montenegro leva Emmy e agradece diretores de 'Doce de mãe'

En 2013, foi votada como a 15.ª celebridade máis influente do Brasil pola revista Forbes. Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema "A Flor e a Náusea", de Carlos Drummond de Andrade, dobrado en inglés por Judi Dench.

Traxectoria Orixe Naceu como Arlette Pinheiro Esteves da Silva, filla de Vitório Esteves da Silva, mecánico, de orixe portuguesa e de Carmen Nieddu Pinheiro Esteves da Silva, ama de casa, filla de italianos da illa de Sardeña.Fernanda Montenegro - Site Oficial - Universo Online Sobre a adopción do seu nome artístico, a actriz afirmou que escolleu Fernanda simplemente pola súa sonoridade, mentres que Montenegro era o apelido do médico da familia.

Carreira miniatura|Fernanda Montenegro na peza teatral A mulher de todos nós, 1967. Arquivo Nacional do Brasil. Iniciouse na radio aos na radio aos 16 anos e a finais dos 40 traduciu e adaptou obras de teatro célebres para ese medio. A súa vida artística no teatro comezou coa obra Alegres Canções nas Montanhas en 1950. Entre os seus compañeiros estaban Fernando Torres, quen se converteu no seu esposo. Nos seguintes anos traballou con outros actores, como Sérgio Britto, Cacilda Becker, Nathália Timberg, Cláudio Corrêa e Castro e Ítalo Rossi.

En 1959 deixou o Teatro Brasileiro de Comedia ao que ingresara en 1956 e fundou xunto co seu marido e outros destacados actores a compañía Teatro dos Sete no Río de Xaneiro.

A principios da década de 1960 mudouse a São Paulo, onde traballou en moitas obras de teatro e televisión. A súa primeira telenovela foi Pouco Amor Não é Amor.

Debutou no cinema en 1964 con A Falecida, de Nelson Rodrigues. Conquistou os críticos con Eles Não Usam Black-Tie (1981). A pesar de que seguiu o éxito no teatro e na televisión, a súa carreira no cinema pasou bastante inadvertida ata 1997, cando O Que É Isso, Companheiro?, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.

A consagración internacional chegou en 1998 con Central do Brasil, que a levou a ser candidata ao Oscar á mellor actriz. Non gañou, mais recibiu o premio do Festival Internacional de Cinema de Berlín entre outras distincións.

En 1999 O Auto da Compadecida, un dos seus grandes éxitos televisivos foi convertido en filme e estreado nos cines.

En 2007 participou en Love in the Time of Cholera de Mike Newell como "Tránsito Ariza".

En 2010 gañou o premio á mellor actriz de teatro por Viver Sem Tempos Mortos.Fernanda Montenegro vence prémio Shell de melhor actriz

Vida persoal Montenegro estivo casada con Fernando Torres dende 1954 ata a morte del en 2008. Con el tivo unha filla, a actriz Fernanda Torres, nada en 1965 (coa que protagonizou o filme Casa de Areia en 2005IMDb) e un fillo, o director Cláudio Torres, nado en 1962 (con quen rodou Redentor en 2004IMDb).

Homenaxes O cantante e compositor Milton Nascimento compuxo e dedicoulle a canción "Mulher da vida".

Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1954 Mãos Sangrentas 1965 A Falecida Zulmira 1970 Em Família Anita Pecado Mortal Fernanda Minha Namorada Carminha 1971 A Vida de Jesus Cristo Samaritana1973 Missa do Galo Dona Conceição 1976 Marília e Marina D. Glória 1978 Tudo Bem Elvira Barata 1981 Eles Não Usam Black-Tie Romana 1985 A Hora da Estrela Madame Carlota 1986 Trancado por Dentro Ivette 1988 Fogo e Paixão Rainha do castelo 1994 Veja Esta Canção Mulher da voz 1997 O Que É Isso, Companheiro? Dona Margarida 1998 Central do Brasil Dora Traição Mulher no bar 1999 Gêmeas Mãe 2000 O Auto da Compadecida Nossa Senhora Virgem Maria (A Compadecida) 2004 O Outro Lado da Rua Regina Olga Leocádia Prestes Redentor Dona Isaura Home on the Range Sra. Caloway (voz) Dobraxe 2005 Tudo AzulEla mesmaDocumental A Mochila do Mascate Casa de Areia D. Maria / Áurea 2007 Love in the Times of Cholera Tránsito Ariza 2008 A Paixão Segundo Callado Ela mesma Documental 2012 As Aventuras de Agamenon, o Repórter Narradora A Dama do Estácio Zulmira 2013 O Tempo e o Vento Bibiana Terra Cambará A Igreja do Diabo A Primeira Missa Nossa Senhora 2014 Rio, Eu Te Amo Dona Fulana Infância Dona Mocinha Boa Sorte Célia 2016 Silêncio No EstúdioEla mesmaDocumental 2017 Todos os Paulos do Mundo 2018 Corredor Polonês Piedade Carminha2019 O Juízo Marta Amarantes Dona VitóriaDona Vitória A Vida Invisível de Eurídice Gusmão Eurídice Gusmão

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Fernanda Montenegro en Memória Globo Discurso do Presidente Fernando Henrique Cardoso na cerimônia de entrega da Ordem Nacional do Mérito Entrevista nas páxinas amarelas da revista Veja'', ed. 396 abr/1976, páx. 3 Entrevista a Bravo! en maio de 2009

Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1929 Categoría:Actores do Brasil Categoría:Actores de cinema Categoría:Actores de teatro Categoría:Actores de televisión