O IES Breamo é un centro público de ensino secundario situado en Breamo (Pontedeume). Nel impártese a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato. A este centro de ensino acoden aproximadamente 300 alumnas e alumnos, procedentes na súa maioría do centro educativo CEIP Couceiro Freijomil.
Instalacións
O centro conta con biblioteca, salón de actos, ximnasio e pavillón, aulas de música, educación plástica e audiovisual, tecnoloxía, idiomas, estudio de radio e cafetaría.
Proxectos e actividades Ondas do Eume é un dos proxectos organizados polo centro. Consiste na investigación e tratamento da información, sobre diferentes temáticas, por parte do alumnado. Un estudo e un programa de radio son parte deste proxecto, que ten como obxectivo principal dinamizar a lingua galega.https://auladelingua.wordpress.com/
Co obxectivo de fomentar a lectura, dende o curso 2015- 2016 organízase cada ano o Club de lectura do Breamo. Este engloba actividades como asembleas nas que se conversa sobre o contido de cada libro ou talleres de manualidades sobre diferentes historias.[http://bibliotecabreamo.blogspot.com/ Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Actividades extraescolares: https://actividadesextraescolaresbreamo.blogspot.com/ Dinamización lingüística: https://asgabarras.wordpress.com/ Aula de lingua galega: https://auladelingua.wordpress.com/ Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbreamo/aulavirtual2/
Categoría:Pontedeume Categoría:Pontedeume sen imaxes Breamo