Un Medio Ironman, tamén chamado Ironman 70.3, é unha da serie de carreiras de tríatlon de longa distancia organizadas pola World Triathlon Corporation (WTC).

O "70.3" refírese á distancia total en millas (113,0 km) que cobre a carreira, a cal consiste en 1,9 km de natación, 90 km en bicicleta e un medio maratón (aproximadamente 21,1 km de carreira a pé). Cada unha das tres distancias é a metade das distancias que se corren nun Ironman. As series de carreiras culminan cada ano co Campionato Mundial de Medio Ironman, para o que os competidores se cualifican durante as probas dos 12 meses anteriores. Ademais da carreira do Campionato Mundial, celébranse campionatos de Ironman para as rexións europea, Asia-Pacífico, e Latinoamérica.

Campionato Mundial de Medio Ironman A cualificación para o Campionato Mundial de Medio Ironman pódese conseguir a través das diferentes probas de medio Ironman celebradas durante os 12 meses anteriores. Algunhas probas de medio Ironman tamén puntúan para o Campionato Mundial de Ironman (de distancia completa), que se celebra en Hawai.

Para a clasificación téñense en conta os 5 mellores resultados do ano de cada atleta. Os 50 homes e 35 mulleres con maior puntuación ao final da tempada son os que pasan a disputar a carreira polo campionato

Dende o seu primeiro ano como campionato con varias carreiras, en 2006, até 2010, os Campionatos Mundiais de Medio Ironman celebráronse en Clearwater, Florida, durante o mes de novembro. En 2011, celebrouse en Las Vegas, en setembro. A partir de 2014 a localización muda cada ano.

Palmarés masculino Ano ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Gold_medal.svg|18x18px|Ouro Ouroligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Silver_medal.svg|18x18px|Prata Prataligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce2006 Craig Alexander Simon Lessing Richie Cunningham2007 Andy Potts Oscar Galíndez Andrew Johns2008Terenzo Bozzone Andreas Raelert Richie Cunningham2009 Michael Raelert Daniel Fontana Matt Reed2010 Michael Raelert Filip Ospalý Timothy O'Donnell2011 Craig Alexander Chris Lieto Jeff Symonds2012 Sebastian Kienle Craig AlexanderBevan Docherty2013 Sebastian KienleTerenzo Bozzone Joe Gambles2014 Javier Gómez Noya Jan Frodeno Tim Don2015 Jan Frodeno Sebastian Kienle Javier Gómez Noya2016 Timothy Reed Sebastian Kienle Ruedi Wild2017 Javier Gómez Noya Ben Kanute Tim Don2018 Jan Frodeno Alistair Brownlee Javier Gómez Noya2019 Gustav Iden Alistair Brownlee Rodolphe Von Berg

Campionato feminino Ano ligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Gold_medal.svg|18x18px|Ouro Ouroligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Silver_medal.svg|18x18px|Prata Prataligazón=https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Bronze_medal.svg|18x18px|Bronce Bronce2006 Samantha McGlone Lisa Bentley Mirinda Carfrae2007 Mirinda Carfrae Samantha McGlone Leanda Cave2008 Joanna Zeiger Mary Beth Ellis Becky Lavelle2009 Julie Dibens Mary Beth Ellis Magali Tisseyre2010 Jodie Swallow Leanda Cave Magali Tisseyre2011 Melissa Rollison Karin Thürig Linsey Corbin2012 Leanda Cave Kelly Williamson Heather Jackson2013 Melissa Hauschildt Heather Jackson Annabel Luxford2014 Daniela Ryf Jodie Swallow Heather Wurtele2015 Daniela Ryf Heather Wurtele Anja Beranek2016 Holly Lawrence Melissa Hauschildt Heather Wurtele2017 Daniela Ryf Emma Pallant Laura Philipp2018 Daniela Ryf Lucy Charles Anne Haug2019 Daniela Ryf Holly Lawrence Imogen Simmonds

Lugar AnoLocalización2006–2010 Clearwater, Florida2011–2013 Henderson, Nevada2014 Mont-Tremblant, Quebec2015 Zell Son Ver-Kaprun2016 Mooloolaba, Queensland2017 Chattanooga, Tennessee2018 Nelson Mandela's Bay2019 Niza2020 Taupo

Notas

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Ironman