Irmandade Galega Universitaria (IGU) é unha asociación estudantil fundada o 22 de novembro de 2018, que se define como galeguista, nacionalista, transversal e interclasista.
Traxectoria Creada no 2018, o seu primeiro presidente foi Manuel Martínez, quen tamén foi un dos seus fundadores xunto a Serxio María Rodríguez e o exdirixente da Mocidade Nacionalista Galega e de Compromiso por Galicia, Saúl Sánchez Freire, os tres politicólogos.
A organización é habitualmente identificada cun posicionamento nacionalista moderado e próximo as teses do galeguismo histórico, os seus dirixentes téñense reivindicado herdeiros das Mocidades Galeguistas e do Movemento Estudantil Universitario, facendo da causa nacional o eixo central do seu ideario, amplamente reivindicado na súa propaganda e actos públicos.
No 2019, organizou unha conferencia na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais que supuxo a volta á vida pública de Anxo Quintana. Outros dos convidados aos seus actos e conferencias teñen sido: Andoni Ortuzar, Xosé Luís Barreiro Rivas, Ramón Máiz, Cristina Ares, Rafael Cuiña, Xoán Bascuas, Xesús Palmou, Alba Nogueira, María Xosé Afonso, Manuel Antelo, Xosé Manuel Pérez Bouza, entre outros cargos de Compromiso por Galicia, o sector máis galeguista do Partido Popular, exdirixentes de Coalición Galega ou o Bloque Nacionalista Galego.
Como referentes noutros lugares do Estado, identifícanse fundamentalmente con Eusko Gaztedi Indarra, a Juventut Nacionalista de Catalunya ou as Juventudes Nacionalistas de Canarias, organizacións que teñen contado coa participación de IGU nos seus debates e actos públicos.
Conta con representación, fundamentalmente, nas facultades de Ciencias Políticas e Historia da USC, e participa activamente do foro Novo Galeguismo. O seu presidente é Carlos Martínez Eirín.
Notas
Categoría:Nacionalismo galego Categoría:Asociacións de estudantes Categoría:Organizacións políticas de Galicia