Gitega (antigamente Kitega) é a capital e unha das cidades máis grandes de Burundi.
Está localizada no centro do país a aproximadamente 62 quilómetros ao sueste de Bujumbura (a anterior capital e cidade máis grande). Gitega foi a capital do Reino de Burundi até a súa abolición en 1966.De 1922 en diante, Usumbura (agora Bujumbura) funcionou como segunda capital colonial, administrativa e económica do país. Converteuse na única capital política entre a abolición da monarquía en 1966 e xaneiro de 2019. A finais de decembro de 2018, o presidente de Burundi Pierre Nkurunziza anunciou que cumpriría a promesa que fixera en 2007 de devolverlle a Gitega o seu antigo status político, quedando Bujumbura como capital económica e centro de comercio. Cunha votación no Parlamento de Burundi fíxose oficial o cambio o 16 de xaneiro de 2019, esperándose que todas as ramas do goberno se trasladen en tres anos.
Xeografía Gitega é tamén a capital da provincia homónima, unha das dezaoito provincias de Burundi. Está localizada no medio do país, a aproximadamente a mesma distancia entre a capital económica, Bujumbura, e o lago Tanganica ao oeste, a fronteira con Tanzania ao leste e a fronteira con Ruanda ao norte. Localízase nunha ancha chaira rodeada por montes, uns quilómetros ao sueste da converxencia entre os ríos Ruvyironza e Ruvubu. O Parque Nacional Ruvubu, o máis grande do país, atópase a 26 quilómetros ao leste.
Historia dereita|miniatura|Unha rúa en Gitega Os alemáns fundaron a cidade de Gitega en 1912.Françoise Le Guennec-Coppens, Pat Caplan, Les Swahili entre Afrique et Arabie, KARTHALA Editions , France, 1991, p. 174
En marzo de 2007, o presidente de Burundi Pierre Nkurunziza anunciou que se planeaba volver a establecer a capital en Gitega, alegando que ten unha localización mellor para a capital que Bujumbura.
O 24 de decembro de 2018, Nkurunziza anunciou que Gitega se ía converter en capital do país se contaba coa aprobación do Parlamento. A esperada aprobación parlamentaria (o partido do presidente, o CNDD-FFD, contaba cunha cómoda maioría en ambas as dúas cámaras) chegou o 16 de xaneiro de 2019, e algúns ministerios xa comezaron o traslado dous días máis tarde.
Cultura É a sede do Museo Nacional de Gitega. Conta con varios santuarios con tambores reais karyenda, así como o ibwami (corte real). O 29 de abril de 1972, Ntare V de Burundi, o último Mwami (Rei) do país, foi asasinado en Gitega.
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Provincia De Gitega
Categoría:Capitais de África Categoría:Xeografía de Burundi