A Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano (en , en ) é o corpo lexislativo da Cidade do Vaticano. Está formada polo Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que é tamén Presidente da Comisión Pontificia, e outros seis cardeais nomeados polo Papa por un mandato de cinco anos.
Descrición A Comisión Pontificia foi creada en 1939 por Pío XII. As leis e as regulacións propostas pola Comisión deben ser entregadas ao papa polo Secretariado de estado antes de ser feitas públicas e de que entren en vigor. As leis, regulacións, e instrucións promulgadas pola Comisión son publicadas na Acta Apostolicae Sedis.
Alén da súa función lexislativa, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, que dende o 1 de outubro de 2021 é o cardeal español Fernando Vérgez Alzaga, ten realizado funcións executivas pola autoridade que delega nel o Papa.
Administración A Comisión está encabezada polo Presidente da Comisión Pontificia para o Estado da Cidade do Vaticano. Como membro maior do curia romana, o presidente é normalmente un cardeal da Igrexa católica. Tamén exerce como xefe de goberno da Cidade do Vaticano, o Presidente da Gobernación do Estado da Cidade do Vaticano, un cargo que é distinto do anterior título de Gobernador da Cidade do Vaticano. As administracións e departamentos do goberno da Cidade do Vaticano, como o Corpo della Gendarmeria, o Observatorio do Vaticano, os Museos Vaticanos, e o Departamento das Vilas Pontificias, que administra Castel Gandolfo, responden ante o Gobernador.
Durante unha sede vacante, o mandato do presidente remata, igual que a maioría de cargos da curia. Con todo, o titular do cargo antes da morte ou a dimisión do papa ingresa nunha Comisión, co anterior Cardeal Secretario de Estado e o Camarlengo da Santa Igrexa Romana Santa, para manexar algunhas das funcións do xefe de Estado até que un novo papa sexa escollido.
Actual Dende o 2021, o presidente e os membros son:
Cardeal Fernando Vérgez Alzaga, presidente Cardeal Kevin J. Farrell Cardeal Giuseppe Petrocchi Cardeal Stanisław Ryłko Cardeal Leonardo Sandri Cardeal Domenico Calcagno Cardeal Mauro Gambetti
Presidentes anteriores
Nicola Canali, 20 de marzo de 1939 – 3 de agosto de 1961 Amleto Giovanni Cicognani, 12 de agosto de 1961 – 30 de abril de 1969 Jean-Marie Villot, 2 de maio de 1969 – 9 de marzo de 1979 Agostino Casaroli, 28 de abril de 1979 – 8 de abril de 1984 Sebastiano Baggio, 8 de abril de 1984 – 31 de outubro de 1990 Rosalio Lara, 31 de outubro de 1990 – 15 de outubro de 1997 Edmund Szoka, 15 de outubro de 1997 – 15 de setembro de 2006 Giovanni Lajolo, 15 de setembro de 2006 – 1 de outubro de 2011 Giuseppe Bertello, 1 de outubro de 2011 – 1 de outubro de 2021
Notas
Véxase tamén Outros artigos Papa Ligazóns externas Estado da Cidade do Vaticano GCatholic.org
Categoría:Cidade do Vaticano Categoría:Listas de personalidades da política