O Premio Mil Primaveras é un premio que comezou a organizar a Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua no ano 2019 coa finalidade de valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos cuxo obxectivo principal fose a posta en valor e o fomento da lingua galega. Colabora economicamente a Deputación Provincial de Pontevedra e na entrega dos premios o Concello de Pontevedra.
O nome do premio "mil primaveras" entra en relación co texto "mil primaveras máis" de Álvaro Cunqueiro.
Proxectos galardoados
+AnoEstabilizadoNovoComunicación e impactoMáis innovadorMocidadeSectorialMención2019Modelo BurelaFalemos de ti e minDesafío 48 h Youtubeir@sEu presumo de galegoGCiencia2020-2021Enreguéifate e RegueifestaGaleguiza-TDígocho euPlan de desconfinamento progresivo da lingua galegaProjeto Educativo SementeGalego empresasO galego, a miña lingua propia
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Premio Mil Primaveras
Mil Primaveras Categoría:Premios