Os tigriña (en ; tägaru) son un grupo étnico falante de tigriña que habita en Eritrea e na Rexión de Tigray de Etiopía. Habitan principalmente nas terras altas de Eritrea e no norte de Etiopía, e contan con comunidades na diáspora en numerosos países. En Eritrea representan arredor do 55% da poboación, onde supoñen máis de tres millóns de persoas, e en Etiopía son máis de 4,5 millóns, segundo o censo de 2007. Máis do 90% dos tigriña son cristiáns. A gran maioría pertencen á igrexa etíope e á igrexa eritrea, mais tamén hai minorías de musulmáns, Beta Israel, e dende o século XIX protestantes e católicos.
Notas
Categoría:Grupos étnicos de Eritrea Categoría:Grupos étnicos de Etiopía