Eladio Moure Rey, nado en Ourense en 1901 e finado en Ferrol o 22 de maio de 1991,La Voz de Galicia,A Coruña, 23-5-1991, p. 72. foi un sindicalista e político socialista galego.
Traxectoria Empregado de banca. Participou na creación da UGT de Ourense. Afiliado á Juventud Socialista de Ourense, foi delegado ao Congreso de 1922. Militante da Agrupación Socialista de Ourense, foi o seu representante no Congreso Regional do PSOE de Galicia de Monforte en 1931 e da que foi elixido presidente en febreiro de 1934.El Pueblo Gallego, 21-2-1934, p. 9. Foi secretario da Agrupación de Dependencia Mercantil y Bancaria de Ourense e vogal da Comisión Executiva da Federación Regional Gallega de Trabajadores de Banca dende setembro de 1932. Foi representante obreiro nos Xurados Mixtos de Banca e membro da Federación Provincial Agraria. Pertenceu á loxa Constancia nº 13 co nome simbólico de "Karl Marx". Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, polo que sufriu pena de destierro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1942, sendo sobresido por "simple afiliado sen actuación destacada", e tamén polo Tribunal Especial de Represión da Masonería e o Comunismo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en Ourense socialista
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes