A National LGBTI Health Alliance, en galego "Alianza Nacional de Saúde LGBTI", é unha organización de saúde para organizacións LGBT e intersexuais en Australia. Organización sen ánimo de lucro, foi creada en agosto de 2007.About Us , National LGBTI Health Alliance, Australia A alianza está presidida actualmente por Susan Ditter; Rebecca Reynolds é directora executiva. Áreas clave de actividade
As áreas clave inclúen o envellecemento,Call to action as gays go grey, Sydney Morning Herald, 20 de decembro de 2012 a saúde mental, a prevención do suicidio, a saúde intersexual, a saúde transxénero e a recolección de datos.LGBTI Health Alliance Farewells Talbot, Star Observer, 5 de novembro de 2013International Intersex Awareness Day , Gay News Network, Outubro 2012LGBTI groups hopeful of progress under Coalition , Gay News Network, 9 de setembro de 2013.
Envellecemento A organización dirixiu consultas sobre unha estratexia inclusiva de atención á vellez para o Departamento de Saúde que axudou a desenvolver unha estratexia nacional.National Lesbian, Gay, Bisexual, Transgender and Intersex (LGBTI) Ageing and Aged Care Strategy, Department of Health (Australia), 15 de marzo de 2013
Saúde intersexual En 2013, a Alianza pediu a aplicación das recomendacións dun informe do Comité do Senado sobre a "esterilización involuntaria ou forzada das persoas intersexuais". A Alianza xa fixera presentacións e participou nunha audiencia sobre o tema.New Report highlights gaps in Australia’s intersex health care , Gay News Network, 20 de novembro de 2013.Health Alliance calls for implementation of Intersex Report , LOTL.
Saúde mental e prevención do suicidio Un informe importante sobre saúde mental e prevención do suicidio, preparado por PricewaterhouseCoopers, foi publicado en agosto de 2011. O informe atopou que "hai maiores niveis de depresión, ansiedade e outros problemas de saúde mental nas poboacións LGBTI, con probas que suxiren que o intento de suicidio é de 3,5 a 14 veces máis alto" que no resto da poboación.Media Release: LGBTI Alliance releases mental health report: shocked by mainstream services’ attitudes , National LGBTI Health Alliance, 15 de agosto de 2011.
En setembro de 2013, a Alianza uniuse a unha campaña nacional chamada "Estratexia nacional de prevención do suicidio LGBTI", co obxectivo de reducir á metade as taxas de suicidio en 2023.Leading groups join push for LGBTI suicide prevention strategy, Star Observer, 10 de setembro de 2013.
Problemas de saúde trans e intersexo A Alianza lanzou un informe sobre as cuestións de saúde trans e intersexual no Parliament House federal en novembro de 2012.Report identifies way forward for LGBTI health , Warren Entsch MP, 28 de novembro de 2012. Con Organisation Intersex International Australia, a Alianza tamén foi consultada polo Departamento de Saúde e Envellecemento que levou a melloras no acceso ós servizos de Medicare, informou en xullo de 2013.Medicare is now sex and gender neutral , Organisation Intersex International Australia, 24 de xullo de 2013All Gender Discrimination to be Removed from Medicare, Joint Press Release, The Hon Tanya Plibersek MP Minister for Health, Minister for Medical Research and Senator The Hon Jan McLucas, Minister for Human Services, 24 de xullo de 2014
Conferencia nacional de saúde en diferenza A Alianza organiza unha conferencia bianual, Health in Difference. A conferencia de 2013 celebrouse en Melbourne en abril. Joy 94.9 rexistrou as sesións plenarias.LGBTI health under the spotlight, Star Observer, 11 de abril de 2013Health in Difference , Joy 94.9Intersex health – Morgan Carpenter’s presentation to Health in Difference conference , Organisation Intersex International Australia, 22 abril de 2013
Director executivo A finais de 2013, Warren Talbot anunciou a súa dimisión como director executivo por motivos de saúde, e Andrew Little foi nomeado director executivo. Rebecca Reynolds, anteriormente directora de Twenty10, accedeu ó posto en febreiro de 2014.Reynolds to lead National LGBTI Health Alliance, Star Observer, 10 de decembro de 2013
Asociacións membros
As asociacións que pertencen á Alianza inclúen: A Gender Agenda (ACT) AIDS Council of New South Wales Androgen Insensitivity Syndrome Support Group Australia Australian Federation of AIDS Organisations The Freedom Centre (WA) Organisation Intersex International Australia Queensland Association for Healthy Communities Transgender Victoria Victorian AIDS Council Victorian Gay & Lesbian Rights Lobby Working It Out (Tasmania) Western Australian AIDS Council GRAI (WA) - GLBTI Rights in Ageing Inc
Afiliacións O National LGBTI Health Alliance é membro do Centro de Investigación Cooperativa Young and Well e da Coalición Nacional para a Prevención do Suicidio.National Coalition for Suicide Prevention , Suicide Prevention Australia, 2013.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dereitos LGTB en Australia Dereitos intersexo por país Dereitos humanos intersexo
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Organizacións LGTB Categoría:Artigos sen imaxes Categoría:Australia