Tito Calpurnio Sículo (en latín, Titus Calpurnius Siculus) foi un poeta latino, natural de Sicilia, de mediados do século I. miniatura|Clásicos en Galego 9. Poesía bucólica latina, de Virxilio, Calpurnio, Nemesiano etc. Traxectoria Coñécense del sete églogas (en latín, eclogae) que se inspiran nos Idilios do poeta grego Teócrito e sobre todo nas Bucólicas do latino Virxilio. Adóitase estar de acordo hoxe en que outras catro églogas que se lle adoitan atribuír son máis tardías e deben adxudicarse a Nemesiano. Non se coñece case nada sobre a súa vida, pero na súa obra destaca o seu entusiasmo pola ascensión ao trono de Nerón, que suscitaba as súas esperanzas. Fíxose famosa a súa descrición do novo anfiteatro de madeira construído polo novo emperador (o Coliseo non fora construído aínda). Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Clásicos en Galego Biblioteca Clásica Gredos

Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século I Categoría:Nados en Sicilia