Carmen Marina Vidal Valiña, nada en Baio (Zas) en 1985, é unha investigadora galega.
Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e en Humanidades pola Universitat Oberta de Catalunya, doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense. É profesora da Universidade Europea Miguel de Cervantes. En 2006 gañou o Premio de xornalismo Johán Carballeira por "Os berros espantaron o gando". Creou a Escola de feminismos alternativos PeriFéricas da que é directora.
En 2024 participou na Residencia Mariñán de Literatura e Pensamento e na Residencia Literaria da Illa de San Simón, de onde xurdiu a obra Illa de Sangue, gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol 2025.
Obra
Ensaio Elas, as emigrantes. Mulheres da Terra de Soneira na Suíça. 2019. Através. As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo. 1885-1936 (2025). Vigo: Galaxia. 142 páxs. ISBN 978-84-1176-409-4.
Novela
Illa de sangue (2025). Vigo: Galaxia. 174 páxs. ISBN 978-84-1176-526-8.
Premios
2025: XIX Premio Narrativa Breve Repsol, A illa que supuraba sangue. 2026: Premio Losada Diéguez na categoría de ensaio e investigación, por As tolas que non o eran. Mulleres no manicomio de Conxo (1885-1936).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas PeriFéricas Páxina web persoal
Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1985 Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes