José Alfonso Osorio Novoa, nado en Vigo o 29 de maio de 1948 e finado en Ourense o 15 de xaneiro de 2019, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria

Empresario do sector vitivinícola, en 2002 foi cofundador da Festa da codorniz de Castrelo de Miño. Nas eleccións municipais de 1995, 1999 e 2003 liderou a lista do PSOE e nas eleccións municipais de 2007 liderou a lista de Independientes por Castrelo de Miño.

Vida persoal Fillo de Luisa Novoa Vázquez e José Alfonso Osorio Rodríguez, "Catuxo". Casado con Rosa Telle Yáñez, tivo dous fillos, José Alfonso e Virginia Osorio Telle.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Castrelo de Miño

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes