Juan Mayr Maldonado, nado en Bogotá en 1952, é un fotógrafo, activista ecoloxista e político colombiano.

Traxectoria En 1986, tras vivir 2 anos cos indios kogui, fundou a Fundación Pro-Sierra Nevada de Santa Marta, na que logrou reunir o goberno, tribos amerindias, científicos, granxeiros, conservacionistas locais e internacionais e diferentes grupos paramilitares que operaban na área. Tras 4 anos de traballo, a fundación desenvolveu un proxecto de conservación e desenvolvemento para a zona., consultada o 30 de abril de 2009

Entre os logros conseguidos pola asociación, destaca a devolución de 19 500 hectáreas devoltas en xuño de 1994 ás tribos indíxenas polo goberno colombiano.

De 1993 a 1996, Mayr foi vicepresidente da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). En 1993 obtivo así mesmo o Premio Medioambiental Goldman para o medio ambiente polo seu labor na protección da biodiversidade da Serra Nevada de Santa Marta

En 1998, Mayr foi convocado polo presidente Andrés Pastrana para ser ministro do Medio Ambiente de Colombia, cargo que ocupou nos 4 anos seguintes.

O 23 de maio de 2011, a través de Twitter, o presidente Juan Manuel Santos informou do nomeamento de Mayr como embaixador en Alemaña, cargo que exerceu até o ano 2016. Nese mesmo ano, foi designado como integrante do equipo negociador do goberno nos diálogos de paz coa guerrilla do ELN, desempeñándose nesta función até o 3 de agosto de 2018 por ordes de goberno de Iván Duque.

Ademais, é integrante da Comisión de Conciliación Nacional, órgano asesor da Conferencia Episcopal de Colombia.

Notas

Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Bogotá Categoría:Ministros de Colombia Categoría:Activistas de Colombia Categoría:Ecoloxistas de Colombia Categoría:Premio Medioambiental Goldman Categoría:Embaixadores de Colombia