Fugees (tamés escrito como The Fugees) foi un grupo estadounidense de hip hop, R&B, soul e reggae, formado en West Orange (Nova Jersey) en 1989. Os seus membros eran Wyclef Jean, Lauryn Hill e Pras Michel. Tanto Jean como Michel teñen ascendencia haitiana, mentres que Hill é afroestadounidense. O nome do grupo procede da palabra inglesa ''refugee'' (refuxiado).
Publicaron dous discos, o primeiro, The Score, foi multiplatino e gañador de dous premios Grammy: ao Mellor álbum de rap e á Mellor interpretación R&B en dúo ou en grupo, este último pola canción Killing Me Soflty with His Song. Despois do seu segundo traballo en 1997, cada un dos seus compoñentes iniciou carreiras en solitario.
Discografía
Álbums de estudio
Blunted on Reality (1994) The Score (1996)
Álbums en directo
Live at New Pop Festival (2003)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina web oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de hip hop Categoría:Grupos musicais de R&B Categoría:Grupos musicais de soul Categoría:Grupos musicais de Nova Jersey Categoría:Grupos musicais de reggae