Eduardo Sánchez Lata, nado en Vilardevesa (Cabrui, Mesía) cara 1904 e finado na Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Foi un dos autores dun atraco ao muíño de Ramón Sar na Illana (Fisteus, Curtis) o 30 de marzo de 1940. O atraco frustrouse e os dous asaltantes foron perseguidos por veciños armados liderados polo alcalde de Curtis. Eduardo recibiu un disparo e foi apresado e entregado no cuartel da Garda Civil. Procesado por un delito de rebelión militar, foi condenado a morte. No xuízo acusou a Benigno Andrade García de ser o seu cómplice no atraco, pero este negouno cando foi procesado en 1952. Morreu no cárcere da Coruña antes de que se executase a sentenza.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952)

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Mesía Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes