Konstantine Demetrios "Kosta" Koufos, nado o 24 de febreiro de 1989 en Canton, Ohio, é un xogador greco-estadounidense de baloncesto profesional que xoga no NBA G League Ignite da NBA G League.

Traxectoria profesional Koufos foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Utah Jazz. Durante a súa tempada de rookie, foi asignado un tempo ós Utah Flash da NBA D-League.

O 13 de xullo de 2010, Koufos foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Al Jefferson.

O 22 de febreiro de 2011, Koufos foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre tres equipos. O 25 de xaneiro de 2012, asinou unha extensión de contrato cos Nuggets.

O 27 de xuño de 2013, Koufos foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de Darrell Arthur e os dereitos do Draft de Joffrey Lauvergne.

O 13 de xullo de 2015, Koufos asinou cos Sacramento Kings.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Grecia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova Categoría:Xogadores do Olympiacos BC