Saba Kidane, nada en Asmara en 1978, é unha xornalista, escritora e activista eritrea.
Traxectoria
Aos trece anos deixou a escola e uniuse á Fronte Popular para Liberación de Eritrea. Retomou os estudos en 1995. Foi directora de programación nunha radio xuvenil.
A maior parte da súa obra está escrita en lingua tigriña. A súa poesía fala da infancia, da vida diaria, da problemática social e dos efectos da guerra nas mulleres de Eritrea. O seu poema "Tsiruy guhaf nafiqe" ("Boto en falta o lixo limpo") defende o uso do preservativo para evitar o contaxio do VIH.
En 2001 negóuselle o visado para visitar os Estados Unidos de América. É nai solteira.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Semere, Beyene. Entrevista a Saba Kidane: (parte unha , parte dúas )
Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Asmara Categoría:Xornalistas de Eritrea Categoría:Escritores de Eritrea Categoría:Escritores en lingua tigriña