miniatura|As augas termais da depresión de Danakil ofrecen unha oportunidade para estudar microbios extremófilos. miniatura|Erta Ale en erupción dentro da Depresión de Danakil. A depresión de Danakil é a parte norte do Triángulo Afar ou da Depresión de Afar que se atopa en Etiopía, unha depresión xeolóxica que resultou da diverxencia de tres placas tectónicas no Corno de África.

Localización A depresión de Danakil é unha vasta chaira, que se atopa no norte da depresión de Afar de Etiopía, preto da fronteira con Eritrea. Atópase a uns 125 metros por debaixo do nivel do mar e limita polo oeste coa chaira etíope e polo leste cos Alpes Danakil, detrás dos cales está o mar Vermello.

A área foi moitas veces chamada como o berce da humanidade. En 1974, Donald Johanson e os seus compañeiros atoparon o famoso fósil do Australopithecus Lucy, que data de hai 3,2 millóns de anos e moitos outros fósiles antigos de homínidos foron descubertos na área, o cal fixo que algúns paleontólogos propuxesen que a área é o lugar onde os humanos evolucionaron por vez primeira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Danakil Depression - videoclip from BBC Planet Earth

Categoría:Desertos de Etiopía Categoría:Desertos de Eritrea