miniatura|Falloppio explicando un dos seus descubrimentos ao Cardeal duque de Ferrara. Pintura ao óleo de Francis Barraud Gabriele Falloppio, nado en Módena en 1523 e finado en Padua o 9 de outubro de 1562, foi un naturalista, botánico, anatomista e cirurxián italiano, considerado un dos anatomistas e médicos máis importantes do seu tempo.

Traxectoria Gabriele Falloppio estudou medicina na Universidade de Ferrara. A súa foi a época dourada da anatomía , pasando dun saber de base a unha disciplina autónoma, co seu propio programa de desenvolvemento V. Nutton (1985) Humanist surgery, Cambridge University Press, p. 81, as diseccións eran cada volta máis frecuentes seguindo técnicas rigorosas . Entre os contemporáneos de Falloppio atópanse grandes anatomistas como Vesalio, Eustaquio ou Realdo Colombo, a quen sucedeu en Padua.

Ensinou anatomía e cirurxía na Universidade de Ferrara, despois en Pisa (1548) e finalmente a partir de 1551 en Padua, onde foi capaz de disecar ata 7 cadáveres ao ano, algo pouco frecuente na época N.F.J. Eloy, Dictionnaire historique de la médecine ancienne et moderne, t. 2, 1778, p. 193-196 .

Tamén ensinou botánica na primeira cátedra de farmacognosia fundada en Europa, que foi a de Padua (1533), converténdose no seu segundo titular ao suceder a Francesco Bonafede R. Palmer (1985) Pharmacy in the Republic of Venice in the Sixteenth Century, Cambridge University Press, p. 101 .

Obra Falloppio foi o primeiro en esclarecer a anatomía do embrión humano, demostrando a ausencia da vesícula alantoide (que só existe en aves e réptiles) M.D. Grmek e R. Bernabeo (1997) La machine du corps, Seuil, p. 15.Tamén realizou unha descrición da dentición primaria e da súa substitución pola secundaria, cun tecido diferente ao óseoJosé L. Fresquet "Gabrielle Falloppio (ca 1523-1562)" historiadelamedicina.org . Así e todo os traballos de Falloppio centráronse fundamentalmente na anatomía dos nervios craniais e no sistema reprodutor feminino.

Sistema nervioso Falloppio corrixiu e concretou a anatomía do ollo realizada por Vesalius, localizando a posición do cristalino e do corpo ciliar, e recoñeceu a orixe dos nervios ópticos preto dos colículos. Describiu detalladamente o tímpano e a súa relación co anel óseo no que se sitúa, así como as estruturas do oído medio e do oído interno; tamén describiu correctamente o curso do nervio auditivo; do mesmo xeito, describiu o nervio facial, o nervio glosofarínxeo e os núcleos do nervio trixémico . Distinguiu o plexo cardíaco, pero estivo equivocado ao ligar o nervio vago co tronco simpático .

Aparello xenital feminino Notou a analoxía estrutural entre o clítoris e o pene, recoñecendo que o pene non penetra no útero durante o coito. Deulle o seu nome a un dos seus descubrimentos, as tubas uterinas ou trompas de Falloppio. Así a todo, estes apéndices xa os coñecían escritores antigos, como Rufo de Efesio, aínda que caeron no esquecemento

Propuxo a utilización do que se considera un preservativo Searching for Dr Condom, BMJ, 2008;337:a1166, "vaíña de pano lixeiro, feito a medida, para protexerse de enfermidades venéreas", como a sífilis en que se publicou logo da súa morte en 1564 tras testar a súa eficacia en 1.100 homes Ole Daniel Enersen, "Gabriele Falloppio" Who Named It?.

Libros

De Metallis atque Fossilibus, 1557. , Venecia, 1561 , Venecia, 1563 , Venecia 1569 , Padoue 1563 De partibus similaribus humani corporis, Nuremberg, 1575. , Venecia 1577 , Venecia, 1584 (1584; 1600; 1606).

Notas

Categoría:Botánicos de Italia Categoría:Médicos de Italia Categoría:Profesores da Universidade de Padua Categoría:Nados en Módena Categoría:Nados en 1523 Categoría:Finados en 1562 Categoría:Anatomistas Categoría:Alumnos da Universidade de Ferrara Categoría:Profesores da Universidade de Pisa