Carmen Pesqueira Domínguez, coñecida como A Capirota, nada na Mouta (Marín) 1 de xullo de 1907 e finada no mesmo concello o 18 de agosto de 1936, foi unha costureira e lavandeira galega vítima da represión franquista.

Traxectoria Carmen Pesqueira Domínguez, máis coñecida pola veciñanza como "a Capirota", era filla do mariñeiro Antonio Pesqueira Pérez e de Gumersinda Domínguez Pesqueira. Era costureira e lavandeira de roupa allea. Lavaba para os relixiosos dun priorado e para as familias ricas de Marín. Foi nai solteira e o seu fillo tiña 4 anos en 1936.

Asasinato A Capirota veu como unha banda de falanxistas estaban maltratando un grupo de persoas maiores por non querer levantar o brazo ao sonar o "Cara al Sol", e saíu na súa defensa. Estes falanxistas de Marín estaban capitaneados polo nazi Bruno Schweiger, coñecido como "El alemán" na zona.

Por este feito, Pesqueira foi golpeada, vexada fisicamente, violada e torturada. Foi asasinada no Pozo da Revolta de Bagüín, na parroquia de Mogor o 18 de agosto de 1936. Ao día seguinte da súa morte e como advertencia á veciñanza os seus asasinos pasearon o cadáver cos seos mutilados pola vila de Bueu ata deixalo abandonado e tirado na rúa.

A súa morte foi rexistrada o 19 de agosto de 1936 no rexistro civil de Bueu como "ferida no corazón", omitindo que o seu corpo tiña varios disparos ademais de sinais de maltrato. Foi soterrada no cemiterio de Bueu.

Recoñecementos O 18 de agosto de 2018, o Concello de Marín e a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica rendéronlle unha homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez dedicándolle unha praza co seu nome.

O grupo musical A banda da Loba dedicoulle unha canción, incluíndo o tema "A Capirota" no seu disco Xabón Lagarta (2022), contando a súa historia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Marín Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos