Georgina Oliva i Pena, nada en Barcelona o 19 de novembro do 1980, é unha socióloga e política catalá.

Traxectoria É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Barcelona. Ten estudos do segundo ciclo de Ciencias Políticas e da Administración na mesma universidade. Foi responsable da secretaría técnica da Fundación Josep Irla e asesora do Instituto Catalán das Mulleres en plans locais de políticas de mulleres. É técnica de Infancia e de mulleres do Consorcio de Servizos Sociais de Barcelona. A nivel político foi militante das JERC onde foi secretaria de formación (2001-2003) e de organización e finanzas (2003-2005) e é membro de Esquerra Republicana de Catalunya onde se ocupou da secretaría das mulleres e da de formación. Do 2006 ao 2008 foi deputada no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) en substitución de Joan Puigcercós. Está afiliada no Intersindical-CSC e asociada a Dones.cat.

Notas

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Políticos de ERC Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)